Dublín

Ana Santos Solla

Cada viaxe é unha aprendizaxe, sempre leo antes de saír, cada vez menos, e sempre leo ao chegar, cada vez máis. Dáme a impresión que esa viaxe que preparei non é a mesma que a que realicei, programo o básico e déixome levar polo momento no que me atopo, encántame perderme e descubrir cousas ocultas ás propostas dás guías tradicionais.

Sempre me gustou viaxar, quizás fora porque meus pais nunca me deixaron facelo e comecei a saír cando estaba estudando en Madrid.

Esta non é a primeira viaxe nin a última que fixen pero quería empezar pola primeira despois das restricións pola pandemia, sempre a recordarei como a viaxe do dó, pola perda da parella, pola viaxe que quedou sen facer xuntos….

Eliximos Dublín nun almorzo na miña casa, era a primeira vez que ía viaxar cos meus irmáns, deixamos que a axencia Arany se ocupara das reservas, do voo e do hotel.

Saímos o mércores, 15 de xuño do 2022, de Santiago con Ryanair no primeiro voo da mañá, unha maleta de man, unha mochila e cinco días completos por diante.

Ao aterrar collemos o bus cara ao centro, 10 euros ida e volta, en 40 minutos chegamos ao corazón da cidade, camiñamos un anaco ata o noso hotel  Belvedere Hotel  e deixamos a equipaxe na consigna.

O noso é camiñar e se digo que nestes 5 días fixemos máis de 30 mil pasos ao día quedo  curta.

Comezamos polo canal e as diferentes pontes, fixemos fotos no monumento aos emigrantes e pasamos pola ponte de Calatrava, un calco das que ten espalladas por Europa, adentrámonos pola zona peonil e sobre as dúas entramos no primeiro pub, Lincolns Inn, para degustar o famoso fish and chips cunha cervexa ben fresquiña, logo tomamos un café nunha cafetería onde  o acompañaban cun bombón, Butlers chocolate/café. Entramos no Trinity collegue onde a cola para ir á biblioteca era enorme e xa non quedaban tíckets, camiñamos polo campus, que tiña moita animación, paseamos pola zona de Candem, Portobelo e Temple bar, pasamos pola Ponte do Medio Penique e como xa eran as 21:00 fomos cear a un restaurante italiano La góndola, moi recomendable, ao saír aínda tomamos outra cervexa camiño do hotel. Moitas horas a pé dende que saímos da casa.

Pincha no PDF  para ler a viaxe completa

Jamenson
Bray
Belfast
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥