por Antonio Lois Pérez
“Emigrante”
Déixas un día a túa aldea,
marchas polo mundo adiante.
Pasas a ser emigrante.
Non coñeces a ninguén
e tés que tirar pra diante.
Pasaron xa moitos anos
e, un día, queres volver,
volver a túa aldeiña,
terra que te viu nacer,
pensando deixar de ser
emigrante de unha vez.
É entón que te decatas
que eso xa non pode ser.
Fúches un día emigrante
e emigrante volves ser!
Hoxe a ninguén coñeces
na aldeiña que deixaches,
terra que te viu nacer.
Fúches un día emigrante
e emigrante volves ser!
Fúchelo cando marchaches.
e, ao volver a túa terra,
emigrante volves ser.
Seméllache extraña a aldea
e tí seméllasllo á ela.
A aldea que tí buscas,
esa aldea xa non queda.
Volves a ser emigrante,
emigrante na túa terra!
Antonio Lois

Antonio Lois pérez
Economista
Nacín un día 4 do mes de xaneiro, ano 1948, no lugar do Castro de Mourelos, parroquia de Mourelos (Saviñao – Lugo). Son economista e técnico en tintes, estampación e acabados téxtiles. Actualmente vivo en Barcelona.
Gústame escribir poesía en galego do pobo, o galego dos meus pais, que é o galego que amo; non en galego ilustrado! Participei en tres libros de poesía (Poetas do Reencontro, Caminhos da Poesía e Raia Luso Española), así coma na revista Xistral do Concello de Lugo. Non hai moito máis que contar de unha vida moi vulgar!
Son do Castro de Mourelos; onde mellor se ve o Miño, onde mellor se ve o ceo; onde, ulindo ó seu vento, eu xa sei se vai chover. ¡Que pena que non estén aqueles que eu amei; que pena que xa non vexa o Castro que eu deixei! A pesar de todo eso; ou pode sexa por eso, do Castro sempre serei
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥