por Amancio Castro
Nomes da planta:
En Galego.- Chantaxe maior, correola,
lingua de vaca.
En Castelán.- Llantén mayor.
Nome científico.- Plantago major L. subsp. major.
Datos técnicos da foto:
Cámara Canon EOS 20 D
Obxectivo 60 mm macro
Diafragma.- f: 7,1. Velocidade.- 1/250 seg. ISO.- 100
Flash da cámara.- disparado no modo de redución de ollos vermellos.
Observación: Pequeno golpeo na espiga que solta o pole.
Data de execución da foto: 9 de Maio de 2009 coas espigas xa ben maduras.
Autor.- Amancio Castro.

Amancio Castro García
Fotógrafo
Nacín na zona vella de Pontevedra, nunha familia onde se potenciaban os valores referentes ao respecto polo mundo natural e ás artes por diante dos temas materiais.
Tremendamente curioso dende neno pola natureza estudei para mestre especializándome en ciencias naturais.
Dende 1980 fun percorrendo toda Galicia e zonas limítrofes coa Sociedade Galega de Xeografía fotografando a natureza para ter material de apoio para o estudo dos ecosistemas e formacións xeo-morfolóxicas, materiais que utilizaba para as miñas clases e que figuran en libros de texto e guías didácticas que fun publicando con varios autores.
A partir de 1990 funme especializando na fotografía científica, macro de plantas e fungos de menos de 2mm que saen publicadas nos artigos científicos do micólogo Jaime Blanco Dios co que sigo a colaborar na actualidade.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥