por Antonio Lois Pérez
“Estampa de unha lembranza”
É unha tarde de outono.
O labrego mira a viña.
Mira as suas follas de cores;
que mais que ser follas vellas,
semellan xardín florido.
Van do marrón o marelo,
e do ocre o encarnado.
Mira con tanto cariño,
que parece namorado.
Sinte tocar as campanas.
O Ángelus na ribeira.
Non sei se son na Sariña,
ou as campanas de Nogueira.
Vai subindo pouco a pouco.
Leva unha aixada no hombro.
Sube, portelo a portelo,
as muras do seu bacelo.
Vai camiño da sua casa.
Leva a mirada perdida.
Non sei se pensa na viña
ou pensa na sua familia.
Vai andando pouco a pouco.
Tén a mirada perdida.
É unha estampa vivida ,
hoxe ,xa fai media vida.
¡Ó vela dende tan lonxe,
teño a mirada perdida!
Antonio Lois

Antonio Lois pérez
Economista
Nacín un día 4 do mes de xaneiro, ano 1948, no lugar do Castro de Mourelos, parroquia de Mourelos (Saviñao – Lugo). Son economista e técnico en tintes, estampación e acabados téxtiles. Actualmente vivo en Barcelona.
Gústame escribir poesía en galego do pobo, o galego dos meus pais, que é o galego que amo; non en galego ilustrado! Participei en tres libros de poesía (Poetas do Reencontro, Caminhos da Poesía e Raia Luso Española), así coma na revista Xistral do Concello de Lugo. Non hai moito máis que contar de unha vida moi vulgar!
Son do Castro de Mourelos;
onde mellor se ve o Miño,
onde mellor se ve o ceo;
onde, ulindo ó seu vento,
eu xa sei se vai chover.
¡Que pena que non estén
aqueles que eu amei;
que pena que xa non vexa
o Castro que eu deixei!
A pesar de todo eso;
ou pode sexa por eso,
do Castro sempre serei
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥