por Amancio Castro – Setembro  2014

O nome científico da planta é: Aster tripolium L.
Florece de maio a outubro nas zonas húmidas salinas de beiramar, de aí lle ven o senome popular galego. Esta planta é abondosa na Xunqueira de Alba onde recollín unha mostra en setembro do 2014. Afoteina na casa polo método de amontoamento de imaxes (técnica do “focus stacking”) método utilizado en macrofotografía cando, debido á profundidade de campo moi reducida, só queda enfocada unha pequena franxa do obxecto. Fanse varias fotos cos mesmos parámetros de axustes de diafragma, velocidade, ISO e iluminación, variando soamente o punto de enfoque en cada foto, logo amontóanse as imaxes con algún programa informático que permita deixar visibles as partes a foco de cada foto e o resultado é unha única imaxe totalmente enfocada.
No caso desta estrela das xunqueiras necesitei oito fotos cos datos técnicos:
Cámara Canon 5D
Obxectivo 100 mm macro
Diafragma 7
Velocidade 1/8 de seg
ISO 200
Trípode
Disparador de cable
Enfoque manual
Iluminación: Unha lámpada lateral e un reflector
Fondo: caixa negra á que non lle entran as luces laterais.
Oito fotos con punto de enfoque do máis cerca ao máis lonxe
Programa informático: Photoshop
Amancio Castro García

Amancio Castro García

Fotógrafo

Nacín na zona vella de Pontevedra, nunha familia onde se potenciaban os valores referentes ao respecto polo mundo natural e ás artes por diante dos temas materiais.
Tremendamente curioso dende neno pola natureza estudei para mestre especializándome en ciencias naturais.
Dende 1980 fun percorrendo toda Galicia e zonas limítrofes coa Sociedade Galega de Xeografía fotografando a natureza para ter material de apoio para o estudo dos ecosistemas e formacións xeo-morfolóxicas, materiais que utilizaba para as miñas clases e que figuran en libros de texto e guías didácticas que fun publicando con varios autores.
A partir de 1990 funme especializando na fotografía científica, macro de plantas e fungos de menos de 2mm que saen publicadas nos artigos científicos do micólogo Jaime Blanco Dios co que sigo a colaborar na actualidade.

Digitalis purpurea

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥