Exipto

Sara Valenzuela

O 16 de xaneiro partimos para Madrid en tren dende Pontevedra para coller o avión cara a Exipto, pero pasamos a noite en Madrid, para facelo con calma e co tempo xa que tiñamos que estar 3 horas antes da saída. O avión saíu o día 17 ás 12:45 e chegamos a Luxor ás 18:45. 

Vouvos falar un pouco da miña experiencia nesta fermosa viaxe a un dos destinos turísticos máis visitados do mundo.

Comezamos cun cruceiro polo Nilo, a nosa primeira vez nun cruceiro, e foi moi agradable. O cruceiro foi do 17 ao 21, e despois fomos a un hotel no Cairo ata o 24 que volvemos de novo a Madrid, durmindo esa noite outra vez en Madrid para coller o tren a Pontevedra o 25. 

 Ao chegar ao barco, déronnos os respectivos camarotes e fomos cear. No grupo que nos tocou había xente nova, xente maior, pero había harmonía entre nós, eramos 23, todos en parella, menos un vasco que ía só. Ao día seguinte visitamos a Necrópole de Tebas, que está situada na parte occidental do Nilo, a actual Luxor, e fomos ao Val dos Reis, onde se atopa a tumba de Tutkhamon, non a vimos… non ía incluído na visita, pero si visitamos Deir El Bahari, coñecido como o templo da raíña Hashepsut.

Fixemos tamén unha pequena parada nos Colosos de Memmon, son dúas xigantescas estatuas de pedra que representan ao faraón Amenhotep III situadas na marxe oeste do Nilo, fronte á cidade exipcia de Luxor.

saber máis

Exipto1
cocodrilos
Pirámides de Exipto
Sara Valenzuela Viz

Sara Valenzuela Viz

Profesora de Historia

Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira.

Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.

Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.

Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.

Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.

Neste proxecto vou poñer o meu graniño de area, e espero que sexa do voso agrado

Países do sur e centro de Europa 1ª parte

2ª parte de Xénova a Podgorica

3ª parte Albania, Macedonia do norte e Serbia

4ª parte Hungría, Eslovaqui, Chequia…

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥