Aconsellamos a visita da mostra

“IO – NA BEIRA DO RIO. DIÁLOGOS NA PINTURA“

O comisario Ramón Rozas nos propón esta interesante mostra, de artistas a maioria residentes en Pontevedra. Foron nove edicións as que transcorreron ata chegar a esta mostra colectiva.

Os artistas son: Manolo Dimas e Itziar Ezquieta, Teresa Brutcher e Ana Seoane, Eduardo Dios e Pancho Rodiño, Dolores Gálvez e Belén Padrón, Juan Moreno Badía e Juan Rivas, Rosa Úbeda e Yolanda Dorda, Falcon e Pousseu, Antón Sobral e Carmen Hermo, e Amelia Palacios e Álex Vázquez.

A mostra esta aberta no Pazo de Cultura de Pontevedra e a entrada é pola parte de arriba onde esta o cubo. Estará aberta ata o 15 de novembro.

Haberá visitas guiadas para público en xeral de aproximadamente 40min. de duración os mércores 4 e 11 de novembro ás 20h. previa solicitude no correo comunicacion@pazodacultura.org facilitando o nome completo do interesado/a, un teléfono de contacto e a data na que querería asistir.O horario é o habitual: de martes a venres de 18 a 21 horas, os sábados de 12 a 14 pola mañán e de 18 a 21 horas. Os domingos e festivos so pola mañán de 12 a 14 e o luns pechado.

Esta mostra de mais de cen obras responde ao título de un diálogo de artistas que teñen unha longa traxectoria e que teñen un traballado prestixio pola súa longa traxectoria persoal.

É importante destacar que Pontevedra non ten moitas salas de exposicións onde se poidan contemplar os traballos creativos dunha cidade onde a cultura é unha das características esenciales dadas as institucións que ten.

Temos que destacar o apoio do Concello de Pontevedra a mostras de este tipo onde se pode apreciar a beleza realizada por os propios artistas pontevedreses que amosan as suas obras en grandes ciudades de todo o mundo.

Antón Sobral

Entrevista con Ramón Rozas, comisario da mostra, polo décimo aniversario de na beira do rio diálogos na pintura.

más articulos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥