Vila Franca do Lima é unha freguesía do concello miñoto de Viana do Castelo situada na marxe sur do río Lima. Esta poboación que non chega aos dous mil habitantes é coñecida por celebrar cada segunda fin de semana de maio a chamada Festa das Rosas en honra á súa padroeira, a Nosa Señora do Rosario. Trátase dunha romaría popular na que non faltan bandas de música, actuacións folclóricas, tamborradas e foguetes de artificio. O cemiterio e a igrexa énchense de rosas de todas as clases e cores que se contan por milleiros sobre todo no altar da patroa.
É unha das festas máis tradicionais do concello de Viana e este ano vén de cumprir 400 anos de historia pois está documentada desde 1622 en que os frades dominicos fundaron a confraría de Nosa Señora do Rosario.

Ofrenda á Virxe

Cartaz deste ano
Esta romaría encádrase na antiga tradición de festexar a chegada da primavera e o revivir do ciclo vital tan arraigada nos pobos agrícolas e que foi cristianizada pola igrexa. As ofrendas florais á Virxe son moi frecuentes no mes de maio que se converte así no mes das flores e no mes de María.
O prato forte desta Festa das Rosas é sen dúbida o desfile e posterior ofrenda dos Cestos Floridos. Consisten en estruturas de grande tamaño con forma de cestos profusamente decorados con diversos motivos alegóricos, históricos ou relixiosos elaborados integramente con materiais vexetais: flores, follas, sementes… unidos con milleiros de alfinetes e que sosteñen, como non, ducias de rosas na súa parte máis alta.

As encargadas de transportar os cestos floridos son as Mordomas, mozas da parroquia ataviadas co traxe tradicional e que locen orgullosas as alfaias da familia, cantidades inxentes de ouro en peito, orellas e pescozo. As mordomas son axudadas polas labradeiras que se diferencian daquelas na color do traxe (negro para as mordomas, corido para as labradeiras) e do pano da cabeza (de novo corido o das labradeiras e negro ou branco o das mordomas). O esforzo destas xoves é tremendo pois os cestos poden chegar a pesar máis de 50 quilos e o desfile prolóngase por algúns centos de metros con varias costas pronunciadas. Conclúe o desfile na igrexa parroqial onde os cestos (entre oito e dez) son ofrecidos á Virxe e fican expostos na nave do templo.

Mordomas

Labradeira
Neste pequeno vídeo pódese apreciar o colorido da festa tradicional portuguesa.
Ano 2012. Festa das rosas onde se destacam os Cestos Floridos, confecionados com sementes e pétalas de flores naturais, transportados à cabeça pelas mordomas em Vila Franca do Lima, Viana do Castelo, Minho, Portugal.

Manuel Lastra Galiano
Profesor de Galego
Son Manuel Lastra Galiano. Nacín hai case sesenta e un anos en Salcedo, ao lado de Pontevedra.
Sempre me gustou a literatura polo que decidín estudar Filoloxía e facerme profesor. O curso pasado puxen fin á miña etapa de docente despois de exercer durante trinta e sete anos, trinta deles no IES Valle Inclán desta cidade.
Penso que a xubilación non debe implicar o cese da vida activa. Ao contrario, agora podo dedicarme á realización de moitas actividades lúdicas e culturais que tiña aprazadas pola falta de tempo.
A publicación deste blog responde a esta ansia de manterme activo. Xunto cos meus compañeiros, espero que as propostas que vos fagamos sexan do voso agrado.
máis artigos
Actividades do 27 de Marzo ao 2 de Abril 2023
by Ana | Marzo 26, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 20 ao 26 de marzo 2023 por Ana
by Ana | Marzo 19, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 20 ao 26 de Febreiro 2023
by Ana | Febreiro 19, 2023 | Actividades | 0 Comments
Rafael Sánchez-Agustino “Fis” por Ana Santos
by Ana | Marzo 10, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Juan Romero Ogando por Ana Santos
by Ana | Febreiro 12, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Marina de Sáa González por Ana Santos Solla
by Ana | Decembro 18, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Luis Otero Echart por Ana Santos
by Ana | Decembro 4, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Mª del Carmen Fernández Iglesias por Ana Santos
by Ana | Novembro 13, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Rafael Loureiro Álvarez-Builla por Ana Santos
by Ana | Outubro 30, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Donald Trump no concello da Estrada por Marcos Seixo
by Marcos Seixo | Marzo 26, 2023 | Articulos | 0 Comments