A Real Academia Galega acordou dedicarlle este ano 2022 o Día das Letras Galegas ao poeta Florencio delgado Gurriarán, recoñecendo tanto a súa valía como escritor como a súa defensa dos valores democráticos e galeguistas nunha época escura da nosa historia que o levaron á persecución e ao desterro.
Delgado Gurriarán naceu en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) en 1903. A causa da profesión do pai, a familia desprazouse a Palencia cando Florencio contaba seis anos de idade. Estudou en Palencia e Valladolid onde se licenciou en Dereito pero nunca rompeu os lazos coa aldea natal á que volvía todos os veráns.
En 1928 regresou a Córgomo para exercer a avogacía no Barco de Valdeorras e comeza a colaborar no Heraldo ourensano e A Nosa Terra con poemas e artigos. En 1933 ingresa no Partido Galeguista.

Pola súa actividade cultural e política tivo que fuxir da represión franquista en xullo do 36. Pasou primeiro a Portugal e de alí a Francia. Despois dun curto periodo en Cataluña, xa acabada a guerra, cruzou de novo a fronteira francesa para embarcar, camiño do exilio, rumbo a México.
En México exerceu diversos oficios e viviu en distintas cidades ata que se estableceu en Veracruz. Continuou a súa actividade política e cultural e xunto con outros exiliados fundou a revista Vieiros e participou na creación do Ateneo de Galicia e o Padroado da Cultura Galega de México.
Regresou varias veces a Galicia pero xa nunca para ficar. Morreu en California en 1987.
A obra poética de Florencio Delgado Gurriarán consta de catro libros: Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas. Poemas (1934-1980) (1981) e O soño do guieiro (1985). Tamén se encargou de escolmar e traducir os poemas franceses de Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (1949) e da tradución de Cemeterio mariño de Paul Valéry.




Delgado Gurriarán adcríbese na chamada Xeración do 25 e, dentro dela, na corrente hilozoísta ou animista que se caracteriza pola constante animación da paisaxe. O poema hilozoísta é unha sucesión de imaxes animistas ou persnificacións que dotan de ánima a natureza a cal cobra vida e adquire características animais e mesmo humanas: “…O vento / baril mociño das festas / mercou na tenda do souto / seu perfume de candeas…” (Bebedeira). O representante máis recoñecido desta estética vangardista é o pontevedrés Lois Amado Carballo e, ademais de Delgado Gurriarán, tamén foi seguida por poetas como Eugenio Montes, Anxel Sevillano ou Augusto Casas.
Pero Delgado Gurriarán soubo trascender a poesía meramente paisaxista. Sobre todo en O soño do guieiro atopamos poemas de claro contido social e mesmo político. Moi interesantes son os chamados “poemas sociolingüísticos” nos que o poeta fai unha notable defensa da fala e da tradición lingüística galegas. Destacamos nesta liña o poema “Louvanza dos nomes enxebres” no que se critica a torpe castelanización dos topónomos tradicionais: “...Arriba Penouta e abaixo Penota / que é nome en castrapo e rima con Jota. / Afora Jaguaza, nome cacofónico / adiante Xaguaza, enxebre e eufónico…”
Tanto pola súa obra como pola traxectoria persoal, social e política, a elección da Academia deste ano foi plenamente acertada e esperamos que a figura de Florencio Delgado Gurriarán a partir de agora sexa un pouco máis coñecida e recoñecida.
“Louvanza dos nomes enxebres” é un dos poemas nos que Florencio Delgado Gurriarán critica a deturpación da toponimia galega e a diglosia. Un grupo de alumnas e alumnos do CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras dramatiza estes versos do protagonista do Día das Letras

Manuel Lastra Galiano
Profesor de galego
Son Manuel Lastra Galiano. Nacín hai case sesenta e un anos en Salcedo, ao lado de Pontevedra.
Sempre me gustou a literatura polo que decidín estudar Filoloxía e facerme profesor. O curso pasado puxen fin á miña etapa de docente despois de exercer durante trinta e sete anos, trinta deles no IES Valle Inclán desta cidade.
Penso que a xubilación non debe implicar o cese da vida activa. Ao contrario, agora podo dedicarme á realización de moitas actividades lúdicas e culturais que tiña aprazadas pola falta de tempo.
A publicación deste blog responde a esta ansia de manterme activo. Xunto cos meus compañeiros, espero que as propostas que vos fagamos sexan do voso agrado.
máis artigos
Actividades do 29 de maio ao 4 de xuño 2023
by Ana | Maio 28, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 22 ao 28 de Maio 2023 por Ana
by Ana | Maio 21, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 15 ao 21 de Maio 2023 por Ana
by Ana | Maio 14, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 1 ao 7 de Maio 2023 por Ana
by Ana | Abril 28, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 24 ao 30 de abril 2023 por Ana
by Ana | Abril 23, 2023 | Actividades | 0 Comments
Juan Mejuto Pérez por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 30, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Nieves Fernández Barrio por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 16, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Rafael Sánchez-Agustino “Fis” por Ana Santos
by Ana | Marzo 10, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Juan Romero Ogando por Ana Santos
by Ana | Febreiro 12, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Marina de Sáa González por Ana Santos Solla
by Ana | Decembro 18, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Variacións Pérsicas (serie II): IIb. Sempre pasa por Ramón Caride
by Colaborador | Maio 28, 2023 | Literarias | 0 Comments
Horarios del mundo y España por Jesús Gayoso
by Colaborador | Maio 28, 2023 | Articulos | 0 Comments
Academia de pintura Tía Xuana por Ghislaine
by Ghislaine | Maio 28, 2023 | Artísticas | 0 Comments
Viaxe por España, 2ª parte por Manolo Gulias
by Colaborador | Maio 28, 2023 | Escapadas | 0 Comments