
Durante 3 meses imos acompañarte facendo exercicios de fortalecemento muscular. 6 días a semana con exercicios de grupos musculares diferentes. Comezamos nesta quinta semana con novas rutinas, faremos un exercicio diario e un día de descanso. Esta rutina está pensado para xente coma nós os +60, pero pode aplicarse a todo o mundo. Imos fortalecer un pouco os nosos músculos esquecidos.
Abdominais 3 series de 8 repeticións
Tríceps 2 series de 8 repeticións
Sentadillas 2 series de 8 repeticións
Pectoral 2 series de 8 repeticións
Adductores 2 series de 8 repeticións
Dorsal 2 series de 8 repeticións

Ana Santos Solla
Profesora de Educación Física
Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.
Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.