De vella a bella quere convirdarvos á presentación do libro Funámbulas, de Embora edicións, de Charo Valcárcel Mato, autora que temos a honra de contar entre a nosa directiva. Terá lugar o Xoves 16 de febreiro na librería Metáfora de Pontevedra na rúa Charino nº 9 ás 19:30 horas.
Presentará o acto Xaime Toxo (Presidente do Ateneo de Pontevedra), a autora estará acompañada por Miguel Toval (editor), Antía Marinho (Activista social) e Genma Figueroa (profesora de Ioga)
Os relatos de Funámbulas están protagonizados por mulleres que se ven obrigadas a facer arriscados equilibrios na perigosa fronteira da violencia, a inxustiza, a soidade, a cordura, a vinganza… Hai mulleres que non son mulleres, hai outras que só son unhas nenas, hai mulleres maduras e mulleres novas, mulleres soas e mulleres acompañadas, pero unhas e outras son funámbulas sobre o delgado fío no que se converteu a vida baixo os seus pés.

Charo Valcárcel Mato
Profesora de lingua galega
Eu son Charo Valcárcel. Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…
Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.
No Valle Inclán coñecín a Ana, Manuel, Isidro, Benito e Sara que, considero, máis que compañeiros, amigos, bos amigos. Xuntos compartimos moitas experiencias.
Agora esta na que nos implicou Ana que, polo menos para min, é un salvavidas, un incentivo que chega para encher o oco que deixa o ensino nas nosas vidas.
Pero tamén formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.
Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.
máis artigos
Actividades culturais do 25 ao 31 de Maio por Ana Santos
by Ana | Maio 24, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 18 ao 24 de maio 2026 por Ana Santos
by Ana | Maio 17, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 11 ao 17 de maio por Ana Santos
by Ana | Maio 10, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 4 ao 10 de Maio por Ana Santos
by Ana | Maio 3, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 27 de Abril ao 3 de Maio por Ana Santos
by Ana | Abril 26, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 20 ao 26 de Abril por Ana Santos
by Ana | Abril 19, 2026 | Actividades | 0 Comments
Lola Fontán Fernández-a Xenxa- por Ana Santos
by Ana | Decembro 16, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Piruca Baena Solla por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 21, 2025 | Historias de vida | 2 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 2 Comments
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Rock e Arte Conceptual de Nova York por Javier Domínguez
by Colaborador | Xuño 14, 2026 | Articulos | 0 Comments
Carautas por Charo Valcárcel e Iria Morgade
by Colaborador | Xuño 14, 2026 | Literarias | 0 Comments