O pasado 9 de novembro finou aos 77 anos en Sao Paulo a cantante brasileira Gal Costa quen, xunto con Caetano Veloso, Maria Bethânia e Gilberto Gil, formaron a mediados dos anos sesenta o chamado “Cuarteto de ouro” da música popular brasileira.

María da Graça Costa Penna Burgos, máis coñecida como Gal Costa (Gaw Costa na pronuncia brasileira) naceu en Salbador de Bahía en 1945 e, como dixemos, morreu en São Paulo o pasado 9 de novembro. En 1963 coñeceu a Caetano Veloso quen vai influír notablemente na súa carreira musical. Ao ano seguinte debutou en Salvador de Bahía e pronto decidiu trasladarse a Rio de Janeiro onde comezou a actuar co grupo antes citado. Estamos no momento álxido da Bossa nova que xurdira a finais dos cincuenta en Río froito da mestizaxe entre o samba autóctono e o jazz americano. A Bossa nova supuxo unha grande revolución no panorama músical de Brasil dominándoo durante os anos sesenta e pronto tivo recoñecemento mundial. Foron os cantantes e compositores Vinicius de Moraes, João Gilberto e Tom Jobim entre outros os precursores deste movemento e Garota de Ipanema e Chega de saudade dous dos temas fundacionais desta nova estética musical
Meu nome é Gal
Um dia de domingo
A bossa nova parte do samba popular e carnavaleiro pero moi matizado e suavizado para ser levado a espazos máis reducidos e tranquilos. Ao mesmo tempo incorpora a espontaneidade e improvisacións propias do jazz do que tamén colle as irregularidades armónicas tan caracterísitcas. Gal Costa e os seus compañeiros do Cuarteto de ouro comenzaron participando desta nova maneira de entender a música pero a partir dos anos setenta e oitenta ampliaron os seus repertorios e incorporaron outras propostas sempre moi ligadas aos ritmos populares.
En 1965 gravou o seu primeiro disco coas cancións Eu vim da Bahía e Sim, foi você. Pero foi no 68 coa canción Baby de Veloso cando chegaría a fama. A crítica destaca o seu timbre de voz doce e algo agudo e a súa ousadía para atreverse con todo tipo de ritmos e estilos: bossa nova, samba, rock ou swing.

Gal Costa gravou máis de corenta discos durante as cinco décadas que durou a súa carreira. Entre as súas cancións máis representativas podemos citar Vapor barato, Meu nome é Gal, Festa do interior ou Um dia de domingo.

Manuel Lastra Galiano
Profesor de Galego
Son Manuel Lastra Galiano. Nacín hai case sesenta e un anos en Salcedo, ao lado de Pontevedra.
Sempre me gustou a literatura polo que decidín estudar Filoloxía e facerme profesor. O curso pasado puxen fin á miña etapa de docente despois de exercer durante trinta e sete anos, trinta deles no IES Valle Inclán desta cidade.
Penso que a xubilación non debe implicar o cese da vida activa. Ao contrario, agora podo dedicarme á realización de moitas actividades lúdicas e culturais que tiña aprazadas pola falta de tempo.
A publicación deste blog responde a esta ansia de manterme activo. Xunto cos meus compañeiros, espero que as propostas que vos fagamos sexan do voso agrado.
máis artigos
Actividades culturais do 23 ao 30 de xuño por Ana Santos
by Ana | Xuño 22, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 16 ao 22 de xuño por Ana Santos
by Ana | Xuño 15, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 9 ao 15 de xuño por Ana Santos
by Ana | Xuño 8, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 2 ao 8 de Xuño por Ana Santos
by Ana | Xuño 1, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 26 de maio ao 1 de xuño por Ana Santos
by Ana | Maio 25, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 19 ao 25 de Maio 2025 por Ana Santos
by Ana | Maio 18, 2025 | Actividades | 0 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 1 Comment
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Anxo da Ferreira por Ana Santos Solla
by Ana | Xuño 23, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Marigel Pérez García por Ana Santos Solla
by Ana | Maio 5, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Preparando a representación por Isidro Cortizo del Río
by Isidro | Xuño 15, 2025 | Artísticas | 0 Comments
Propiedad privada por Vicente Méndez González
by Colaborador | Xuño 15, 2025 | Literarias | 0 Comments