Porcións

8

Listo en:

1 hora 30 minutos

Ideal para:

Sobremesa

Elaboración: Ana Santos

Ingredientes

  • 125 gr de Manteiga
  • 100 gr de azucre moreno
  • Un ovo
  • 100 gr copos de avena
  • 150 gr de fariña
  • Unha pizca de bicarbonato sódico
  • Un pouco de sal
  • 70 gr de chips de chocolate

Faise:

Bater a manteiga co azucre ata que quede homoxénea, engadir o ovo e seguer batendo

Mesturamos a fariña, os copos de avena, o sal e o bicarbonato

mesturamos as dúas mesturas e agregamos os chips de chocolate, remexemos un pouco e deixamos a masa repousar unha hora.

Facemos boliñas e aplastámolas, poñémolas sobre papel vexetal  e metémolas ao forno quente a 180º uns 13 minutos con calor arriba e abaixo, cando remate a cocción deixamos que enfrien co forno aberto

ingredientes avena
Galletas de avena
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de E.F.

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Biscoito de cenoira

Galletas de copos de millo

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥