“Galo e Torre Eiffel”
Óleo sobre lenzo 70x50cm.
É a reprodución do orixinal de Marc Chagall. Foi este un pintor francés de orixe bielorrusa dos primeiros anos do século XX, un dos máis importantes do vangardismo europeo. Está considerado como o pintor por excelencia. As súas obras comunican felicidade e optimismo mediante cores intensas(lembremos a Matisse). O seu traballo fluctúa entre a realidade e a fantasía co mundo dos soños sempre presente, ambientes máxicos e mundos misteriosos.
Neste cadro observamos ese cromatismo brillante que é unha peculariedade que domina toda a súa produción. Así mesmo o galo, a Torre, a parella de noivos e outros animais son motivos que reaparecen nas súas creacións.


Notas biográficas da autora:
Montse naceu na Estrada en 1960. Estudou no Instituto Manuel García Barros desta cidade o bacharelato e Filoloxía Hispánica en Compostela, exercendo como profesora de Lingua galega e literatura durante 25 anos.
Desde 1988 vive na Coruña a onde chegou tras obter destino definitivo en Carballo, aínda que pouco despois conseguiu o traslado para o IES Ramón Menéndez Pidal da cidade, alí desenvolveu a docencia ata a súa xubilación no 2007.
Ao xubilarse puido dedicarse de forma máis plena a unha das súas paixóns: pintar. Na súa produción artística conta con cadros orixinais seus e outros, coma este que nos presenta hoxe, que son interpretacións de autores aos que admira.
máis artigos
Actividades do 29 de maio ao 4 de xuño 2023
by Ana | Maio 28, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 22 ao 28 de Maio 2023 por Ana
by Ana | Maio 21, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 15 ao 21 de Maio 2023 por Ana
by Ana | Maio 14, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 1 ao 7 de Maio 2023 por Ana
by Ana | Abril 28, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 24 ao 30 de abril 2023 por Ana
by Ana | Abril 23, 2023 | Actividades | 0 Comments
Juan Mejuto Pérez por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 30, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Nieves Fernández Barrio por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 16, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Rafael Sánchez-Agustino “Fis” por Ana Santos
by Ana | Marzo 10, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Juan Romero Ogando por Ana Santos
by Ana | Febreiro 12, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Marina de Sáa González por Ana Santos Solla
by Ana | Decembro 18, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Variacións Pérsicas (serie II): IIb. Sempre pasa por Ramón Caride
by Colaborador | Maio 28, 2023 | Literarias | 0 Comments
Horarios del mundo y España por Jesús Gayoso
by Colaborador | Maio 28, 2023 | Articulos | 0 Comments
Academia de pintura Tía Xuana por Ghislaine
by Ghislaine | Maio 28, 2023 | Artísticas | 0 Comments
Viaxe por España, 2ª parte por Manolo Gulias
by Colaborador | Maio 28, 2023 | Escapadas | 0 Comments