O QUE NOS CONTA MONTSE:

“A música” Óleo sobre lenzo 50×70 cm

É a reprodución do orixinal realizado por Henri Matisse en 1939. Este atópase no Museo Albright-Knox, Buffalo, Nova Iorque.

A música e a arte son dúas grandes paixóns de Matisse. El pensaba que, se quedara cego, podía dedicarse ao violín que empezara a tocar de neno.

A paleta leva cores intensas, característica do “Fauvismo”.  Aparece a temática da música como fonte de calma coa parella de mulleres conectadas polo mesmo interese. Así a tranquilidade chega da man das cores e da imaxe.

Notas biográficas da autora:

Montse naceu na Estrada en 1960. Estudou no Instituto Manuel García Barros desta cidade o bacharelato  e Filoloxía Hispánica en Compostela, exercendo como profesora de Lingua galega e literatura durante 25 anos.

Desde 1988 vive na Coruña a onde chegou tras obter destino definitivo en Carballo, aínda que  pouco despois conseguiu  o traslado para o IES Ramón Menéndez Pidal da cidade, alí desenvolveu a  docencia ata a súa  xubilación no 2007.

Ao xubilarse  puido dedicarse de forma máis plena a unha das súas paixóns: pintar. Na súa produción artística conta con cadros orixinais seus e outros, coma este que nos presenta hoxe, que son interpretacións de autores aos que admira.

Interior vermello: naturaleza morta sobre mesa azul

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥