«Medio sol amarillo» de Chimamanda Ngozi por Charo

«Medio sol amarillo» de Chimamanda Ngozi por Charo

A recomendación que traio hoxe é a dunha novela escrita orixinariamente en inglés por Chimamanda Ngozi, unha autora nixeriana que descubrín con esta lectura, lectura á que fora animada afervoadamente e da que teño que  dicir que cumpriu sobradamente as expectativas creadas tras unha recomendación tan entusiasta: a novela introdúcenos nunha realidade devastadora, impactante, dramática, que nos conmove profundamente e nos fai adictos a esta escritora polo seu bo facer contando historias, historias que, neste caso, responden a  tráxicas realidades do seu país de nacemento.

Pero antes de continuar quero compartir outras opinións vertidas en distintos medios sobre a novela e a súa autora que avalan absolutamente a miña recomendación.

 “Hay muchas razones para leer ‘Medio sol amarillo’; la principal, que la prosa de Chimamanda Ngozi Adichie es tan buena como dicen (por ejemplo, otros autores africanos de la talla de Chinua Achebe o Coetzee). Es suave pero despiadada, lúcida pero tierna, cuidada pero intensa, y consigue hacer que vivamos a través de los tres personajes, creíbles y bien construidos, cada una de sus emociones.”      Cristina Domínguez (Librópatas.com)

“Escrita con gran maestría pero también con un lenguaje sencillo y natural, la novela llega al lector con la empatía, lucidez e intensidad de una autora comprometida que analiza y cuestiona asuntos tan interesantes y peliagudos como el colonialismo o la responsabilidad moral de las potencias mundiales”

“Medio sol amarillo recrea una realidad en todo su esplendor, a través de personajes llenos de vida y profundidad con los que nos identificamos los lectores, como en las mejores novelas del siglo XIX. Evocativa, absorbente, llena de matices y con una gran hondura para reflejar los sentimiento                               Chary Arbolí (publicada en Info Libre)

Foi publicada no 2006 na súa lingua orixinal, o inglés, e traducida ao español no 2007 e, como dicía, trátase dun fresco devastador sobre o conflito bélico que se produce cando Biafra tenta ser unha república independente de Nixeria e os tremendos dramas sociais e persoais que isto orixinou.

Chimamanda, boa coñecedora da historia do seu país, introdúcenos nese ambiente cargado de compromisos e reivindicacións políticas que procuran a dignidade dos negros e renegan da colonización británica, das desigualdades sociais, da miseria de moitos e do esplendor duns poucos, pero tamén dos enfrontamentos étnicos potenciados polo conflito, a persecución e matanzas de igbos.

A novela amósanos todo este período tan convulso da historia de Nigeria a través da vida de varios personaxes que  van sufrila nas súas propias carnes e levan ao lector da man para conducilo a unha butaca de primeira fila desde a que poderá percibir, case coma se o estivese vivindo, o medo, a fame, a angustia, a solidariedade, o terror, a morte…

É unha novela desas que deixan pegada fonda, desas nas que personaxes como Ugwu, Olanna, Kainene, Richard, Okeoma… entran para quedar.

Foi levada ao cine no 2013, dirixida por Biyi Bandele (novelista, dramaturgo e cineasta nixeriano)

SAIBAMOS ALGO MÁIS SOBRE CHIMAMANDA NGOZI ADICHIE

Chimamanda naceu en Nigeria, na aldea de Abba, pertencente á etnia igbo, e pasou a súa infancia na cidade de Nsukka, sede da Universidade de Nigeria. A súa nai foi a primeira secretaria de admisións da Universidade nigeriana onde era profesor de estatística o seu pai.

Aos 18 anos trasladouse a Estados Unidos cunha beca para estudar comunicación e ciencias políticas na Universidade de Drexel, en Filadelfia. Posteriormente continuou os seus estudos na Universidade Estatal do Este de Connecticut, na que se graduou no 2001. Tamén realizou estudos de escritura creativa e un máster de estudos africanos en Yale.

Os principais temas da súa obra, escrita en inglés, son: o feminismo, a inmigración, o sexismo e a problemática racial.

En 2003, publicou a súa primeira novela, La flor púrpura (Purple Hibiscus), que evoca os anos posteriores á guerra civil nigeriana, marcados pola inestabilidade política xerada por múltiples golpes de estado. Esta novela recibiu o Commonwealth Writer’s Prize for Best First Book en 2005.

A súa segunda novela foi:  Medio sol amarillo (Half of a Yellow Sun, 2006), que lle debe o título ao deseño da bandeira  de Biafra, e da que xa falamos. Recibiu o Premio Orange de Ficción  no 2007

En Americanah, 2013  retrata vidas de nixerianos que viven en todo o mundo, reflexionando sobre o racismo en Occidente.   Esta obra mereceu o Premio do Círculo de Críticos Nacional do Libro  e  o Chicago Tribune Heartland Prize no 2013

O seu ensaio: Todos deberiamos ser feministas, publicado no 2014 (We Should All Be Feminist)  vendeu máis de medio millón de exemplares.

Outras obras son: For Love of Biafra (drama, 1998), Decisions (poesía, 1998), You in America (2001). Algo alrededor de tu cuello (2009) Querida Ijeawele. Cómo educar en el feminismo. (2017).

Tamén imparte obradoiros de escritura creativa.

Actualmente vive entre Nixeria e os Estados Unidos

Webgrafía:

https://www.cccb.org/es/participantes/ficha/chimamanda-ngozi-adichie/227334

http://www.casafrica.es/es/persona/chimamanda-ngozi-adichie

https://es.wikipedia.org/wiki/Chimamanda_Ngozi_Adichie

Charo Valcárcel Mato

Charo Valcárcel Mato

Profesora de Galego

Eu son Charo Valcárcel. Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…

Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.

No Valle Inclán coñecín a Ana, Manuel, Isidro, Benito e Sara que, considero, máis que compañeiros, amigos, bos amigos. Xuntos compartimos moitas experiencias.

Agora esta na que nos implicou Ana que, polo menos para min, é un salvavidas, un incentivo que chega para encher o oco que deixa o ensino nas nosas vidas.

Pero tamén formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.

Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.

Abrazos

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

«Morgana en Esmelle» de Begoña Caamaño por Fernando Fernández

«Morgana en Esmelle» de Begoña Caamaño por Fernando Fernández

Begoña Caamaño foi un agasallo desta nosa terra, mágoa que xa non estea neste mundo, pois faleceu prematuramente no 2014 cando só tiña 50 anos, pero alá onde more andará desmontando e recreando mitos e heroes masculinos pois este era o seu obxectivo, un traballo artesanal en pro dunha visión máis feminista da literatura.

Na primeira novela, Circe ou o pracer do azul, Begoña transportounos  aos mitos gregos onde un Ulises algo máis vulnerable do que sempre se contou é seducido por Circe na súa illa, mentres Penélope farta de tecer e destecer e de aturar a Telémaco establece unha correspondencia marabillosa de amizade coa propia Circe.

 Morgana en Esmelle , publicada no 2012, acadou varios premios como:  o da Crítica de narrativa galega, que outorga a Asociación Española de Críticos Literarios,​ o Antón Losada Diéguez de creación literaria en 2013,  o Ánxel Casal e o da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

 Xa foi advertida pola crítica a súa clara filiación cunqueiriana e tamén a súa reivindicación feminista.  Efectivamente nesta novela  Morgana, media irmá de Artur, sufrirá as conspiracións de Merlín para expandir o cristianismo, e as súas consecuencias, pero grazas ás ensinanzas da súa tía Viviana (a súa guía espiritual e antiga amante de Merlín) conseguirá as forzas necesarias para darlle unha lección ao mago desprazándose ás terras de Miranda (onde lembremos  sitúa Cunqueiro a Merlín, xa vello, na súa novela Merlín e familia), axudada por unha Xenebra avellentada. Os personaxes femininos son, pois, cruciais.

Begoña aborda o tema artúrico dende a perspectiva da loita das mulleres por facerse camiño nun sistema establecido polo poder dos homes, da igrexa, da monarquía, das armas e da manipulación representada aquí polas artes engaiolantes de Merlín, fondo coñecedor das debilidades dos humanos. Pero tamén nos presenta un Merlín moi humano xa de vello, convertido nun home moi respectado en toda Galicia polas súas artes e remedios, un home coa conciencia dividida loitando inutilmente por recuperar o amor de Viviana.

Os distintos capítulos van amosándonos tres miradas, tres narradores e tres linguaxes perfectamente diferenciados:

Das crónicas de Ávalon

Da conciencia do señor Merlín

Das memorias de Felipe de Amancia

Sobre toda a novela  planea indubidablemente, pois, o estilo e a voz de Cunqueiro, a quen a autora agradece a súa mestría.

Como vemos na novela achégase á literatura artúrica e, tal como ela mesma me confesou, tiña previsto continuar con outras aventuras da Materia de Bretaña, mais o seu repentino final non llo permitiu.

Fernando Fernández

Fernando Fernández

Fernando Fernández

Puesto

Naceu en Salceda de Caselas o 14 de setembro de 1957.

Formación a nivel de bacharelato no ies Pino Manso do Porriño e COU no Sta Irene de Vigo.

En 1975 comeza a andaina laboral con 18 anos como dependiente na desaparecida  librería Rafael Rodriguez no casco vello de Vigo.

En 1980 despois de cumprir co servizo militar inicia distintos traballos de representante comercial en empresas de papelería polo noroeste peninsular.

En marzo do 1998 pasa a formar parte do plantel de Editorial Galaxia como promotor de vendas ata a súa xubilación en 2020.

Todo canto fomos

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

«Laura no deserto» de Antón Riveiro por Charo Valcárcel

«Laura no deserto» de Antón Riveiro por Charo Valcárcel

 Hoxe quero recomendarvos esta novela, publicada no 2011 por Galaxia, e que para min segue sendo unha das mellores novelas, xa non só do seu autor, senón da literatura galega actual. Opinión amplamente compartida. Como proba aquí tedes unha pequena mostra:

Un dos fitos literarios deste ano de ano e mesmo destes inicios do século XXI”. (Manuel Rodríguez Alonso)

Una de las grandes aportaciones narrativas de la novela gallega contemporánea” (Mar Maior).

Unha das mellores novelas da narrativa galega contemporánea” (blog Trafegando Ronseis)

“Proxecto de envergadura”. Dolores Vilavedra

Memorable novela… non é difícil conxeturar que este será un título perdurable”. (Ramón Nicolás, blog Caderno da Crítica)

Admirable exercicio de orquestación sinfónica”. (Armando Requeixo, blog Criticalia)

Novelas como esta fan grande unha literatura”. (Inma Otero Varela)

Acadou ademais importantes recoñecementos:

            Foi Premio Narrativa da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) no 2012, Premio Frei Martín Sarmiento 2012, finalista do Premio de Novela Europea Casino de Santiago 2012 e Premio da Crítica Española 2011.

Como vedes conta cunha boa carta de presentación.

            Teño que dicir que a Riveiro Coello descubrino a principios dos 2000, cando un día por casualidade caeu nas miñas mans A canción de Sálvora, un texto daquela publicado de forma independente por A Nosa Terra (2002) e máis tarde formando parte dun libro de relatos, nove en total, editado por Galaxia: Acordes náufragos (2014). Ese texto, cheo de lirismo, engaioloume. Trátase dun deses textos que se vai coando no teu interior de vagariño, palabra a palabra, e fica alí tras gañar un posto destacado nese espazo máis ou menos visible das túas emocións e, por suposto, converteume nunha fiel seguidora da obra de Riveiro Coello.

            Laura no deserto, é unha novela ambiciosa, rigorosa, cunha trama moi ben estruturada  e unha prosa exquisita, mostra do bo facer narrativo que caracteriza o seu autor.

            Dividida en catro partes, denominadas libros: Libro primeiro A LUZ DOS AUSENTES, Libro segundo A CASA DAS SOMBRAS, Libro terceiro O LABIRINTO DE INGRID STEINER e Libro cuarto A VIAXE DE PENÉLOPE, vai guiando ao lector a través dun entramado de personaxes  que se nos presentan no Libro primeiro e dos que se descoñece a súa relación ata ben avanzada a lectura. Nun principio semella que nada teñen que ver, pero iremos  descubrindo  pouco a pouco que é o que os une e  o papel que nesa relación ten a protagonista, Laura, personaxe cunha historia desgarradora que queda marcada a lume tras a lectura. Ela é unha muller non galega, pero moi unida a Galicia, desvalida, traumatizada, enferma…, que irá lembrando a súa identidade grazas á súa necesidade vital de reencontrarse cunha parte do seu pasado.                                                                                                  

Laura Crussat,  a personaxe de ficción, está inspirada en Mercedes Núñez Targa, política republicana nacida en Barcelona (aínda que de pai galego) que pasou polo cárcere de Ventas e por dous campos de concentración. Escribiu varios libros nos que fala destas experiencias. Conta Riveiro Coello, nos Agradecementos (páx.725), como tivo acceso a  eses libros e como a novela quere ser unha homenaxe a esta muller e a todos os que o axudaron a coñecela.

            Hai que dicir que na nosa literatura hai tempo que se abandonaron os localismos e que, coma Riveiro Coello, contamos con outros autores e autoras que escriben en galego historias que están ambientadas en lugares ben distantes e distintos, protagonizadas por personaxes que non sempre son galegos e cuxas vidas, ledicias e infortunios poden non ter que ver con Galicia ou a súa sociedade. Son novelas ambiciosas e fieis á defensa dunha lingua que demostran ten a mesma calidade coma lingua literaria que calquera outra. Desgraciadamente este tipo de evidencias aínda seguen sendo necesarias nesta sociedade do século XXI .

            Desde logo a historia de Laura non nos vai deixar indiferentes e vainos obrigar  a percorrer dous tipos de itinerarios: o espacial e o temporal, trasladándonos a lugares como New York, Barcelona, Compostela, a Pobra do Caramiñal e a Europa da Segunda Guerra Mundial e  que nos converte, como boa novela moderna, en lectores activos que deben ir desentrañando a complexidade dos mesmos, pero será un esforzo que valerá a pena e Laura no deserto ocupará un lugar privilexiado no armario das nosas lecturas, seguro.

                                                                                                                                                                        Charo Valcárcel

Entrevista con Antón Riveiro Coello

Charo Valcárcel Mato

Charo Valcárcel Mato

Profesora de galego

Eu son Charo Valcárcel. Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…

Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.

No Valle Inclán coñecín a Ana, Manuel, Isidro, Benito e Sara que, considero, máis que compañeiros, amigos, bos amigos. Xuntos compartimos moitas experiencias.

Agora esta na que nos implicou Ana que, polo menos para min, é un salvavidas, un incentivo que chega para encher o oco que deixa o ensino nas nosas vidas.

Pero tamén formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.

Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.

As irmás Mirabal

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

O neno can de Fina Casalderrey e Francisco Castro

O neno can de Fina Casalderrey e Francisco Castro

Este fermoso libro con ilustracións de Patricia Castelao, escrito a favor de UNICEF e recoñecido internacionalmente polo seu tratamento da discapacidade, formando parte da Lista Outstanding Books 2013, preséntanos cinco historias de cinco nenos que teñen que enfrontarse a circunstancias moi adversas; circunstancias, agás quizais a protagonizada por Carlos, que son ben diferentes das que rodean polo xeral aos nenos do mundo occidental e que poñen en evidencia ante o lector a crueza destas vidas das que están ausentes por completo os dereitos da infancia.

A narración levase a cabo a través dunha prosa sinxela, sen artificios, mais chea de lirismo, case poética:

Do fondo dun álbum de mentiras a avoa Mayanin saca palabras brancas” (O neno can)

“O vento remexeulle os seus cabelos negros e o aire comezou a ulir a nostalxias de area” (Perla negra)

Para o título escolleuse o do primeiro relato e seguramente na elección tivo moito que ver o feito de que o can, un can cun ollo rodeado por unha mancha negra, apareza en todas as historias como compañeiro inseparable e fiel do neno protagonista: é o mesmo can e un can distinto á vez, presente en espazos distintos e distantes e con nomes diferentes (aínda que curiosamente eses nomes teñan que ver con elementos da natureza: Chuvia, Xeo, Area, Néboa e Vento), pero xogando sempre o mesmo papel de aliado e protector, converténdose nun personaxe clave que contribúe a cohesionar os relatos e á proporcionarlle maior unidade á obra.

É un libro que denuncia o inxusta que é a vida de tantos nenos do mundo, pero ofrecendo unha saída, unha luz ao final do túnel. Esa luz, nalgúns casos moi tenue, noutros máis potente soe estar representada por personaxes que xorden nos momentos máis críticos da historia para tender a súa man, para ofrecer a súa axuda, a súa solidariedade ou a súa comprensión. É verdade que son personaxes que non están exentos de certa idoneidade poética, de certo halo de irrealidade, aínda así seguramente cumpren unha función necesaria se, como parece, a través deles se quere transmitir a confianza na “humanidade” do ser humano, en virtudes tan escasas como a solidariedade ou a xenerosidade.

A obra posúe ademais unha finalidade didáctica, non pretende unicamente denunciar a carencia dos dereitos máis elementais asociados á infancia en moitos lugares do mundo, tamén procura a reflexión dos lectores, sobre todo daqueles que, como os protagonistas das cinco historias, son tamén nenos. Malia todo é totalmente recomendable para lectores de todas as idades aos que seguro non defraudará.

Unha pequena xoia que merece ser coñecida.
                                                                                                                                     Charo Valcárcel

Charo Valcárcel Mato

Charo Valcárcel Mato

Profesora de galego

Eu son Charo Valcárcel. Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…

Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.

No Valle Inclán coñecín a Ana, Manuel, Isidro, Benito e Sara que, considero, máis que compañeiros, amigos, bos amigos. Xuntos compartimos moitas experiencias.

Agora esta na que nos implicou Ana que, polo menos para min, é un salvavidas, un incentivo que chega para encher o oco que deixa o ensino nas nosas vidas.

Pero tamén formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.

Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.

Fina Casalderrey

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Actividades do 21 ao 27 de Xuño – devellabella

Actividades do 21 ao 27 de Xuño – devellabella

Feira do libro

«Feira do libro» 

21 ao 27

Luns/Xuño

O evento «Vilagarcía, cidade do libro» terá en conta, por suposto, ás librerías que resisten na cidade. As catro fantásticas, pois non se admite outro cualificativo nestes tempos, terán o seu stand nesta particular feira do libro que se vivirá en Vilagarcía. Son Follas Novas, Nobel, Vidal e Metrópoles Cómics, quen terá a súa caseta correspondente, como tamén a terán a editoriais Galaxia e Silveira.

Pouco a pouco vanse confirmando os autores que estarán en Vilagarcía nos últimos días de Xuño. Son Jorge MolistIldelfonso FalconesMaría Oruña, Domingo VillarManuel LoureiroNacho Carretero, Pedro FeijooLedicia Costas, Nieves AbarcaMarilar AleixandreManuel Gago MariñoPaula CarballeiraCarlos Meixide, Marcos Calveiro, Manuel Oubiña LosadaMontse FajardoArantxa PortabalesElio Quiroga e os ilustradores Kiko DasilvaMiguelanxo Prado.

«Dani Karavan» 

21

Luns/Xuño

Teatro principal

“Dani Karavan”, un documental de Barak Heymann  2020 Israel e Polonia 66 min.

O 21 de xuño ás 20:00 a vicerreitoria de Pontevedra organiza en colaboración con Pontevedrate no Teatro Principal o ciclo de cinema documental Docs del Mes. Neste ocasión acolle a proxección de “Dani Karavan”, un documental de Barak Heymann centrado na figura do artista Dani Karavan. 
Unha viaxe fascinante pola vida dun artista irreverente e carismático, recoñecido por transformar o espazo público con instalacións monumentais.
As 20:00   VOSE

Teatro principal

«Le milieu de l’horizon» 

21

Luns/Xuño

O horizonte Delphine Lehericey 2019 Suiza 88 min.

Seguimos co noso ciclo de xuño «Xénero: identidades, orientacións e prexuízos«, e contaremos coa presenza da asociación Nós Mesmas, que virán a falar das súas ocupacións e preocupacións neste eido.
Verán do 76. Unha onda de calor está a provocar que o campo suízo séquese a toda velocidade. Nun ambiente sufocante, Gus, que ten trece anos e é fillo dun granxeiro, ve como a súa contorna familiar e a súa inocencia ráchanse: está a vivir o fin dun mundo.
As 20:30   VOSE

 Auditorio Municipal do Concello, na praza do Rei.

Bieito Alonso

«Anarquistas galegos en América» 

22

Martes/Xuño

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

Presentación do libro «Anarquistas galegos en América» de Bieito Alonso

carlos Meixome

«Catas na memoria» 

23

Mércores/Xuño

Ateneo de Pontevedra- Vicerreitoria

CICLO MEMORIA DEMOCRÁTICA: RELATORIO ARREDOR DO ENSAIO “CATAS NA MEMORIA. A PERSECUCIÓN FRANQUISTA NO VAL DE MIÑOR”, DE CARLOS MÉIXOME 

Sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Casa das Campás; rúa de Don Filiberto, 9-11), 20 horas.  Entrada libre con acceso limitado por restriccións Covid

– Coa participación de Xosé Álvarez Castro (historiador, autor do blog e do libro ‘Pontevedra nos anos do medo’), Afonso Ribas (director de Edicións Laiovento) e Carlos Méixome (historiador, escritor) 

Sinala o autor, Carlos Méixome, que “durante anos a memoria, como un fío de Ariadna, andou a turrar de min. Xurdindo en intranscendentes conversas de boa veciñanza, nas lecturas de libros de amigos ou entre saloucos agoniados polo fogar ausente, profundando a sensación de inxustiza que comete un estado autoproclamado democrático coa cidadanía perseguida por un réxime que concentrou e expandiu todas as perversións do século pasado.
Agora, co pouso do tempo, refago, reelaboro escritos sobre a persecución franquista no Val de Miñor esbozados en momentos de intensa actividade memorialista, consciente de que o labor non só non está esgotado, senón que a memoria aínda non virou en historia.”
Carlos Meixome. Aínda que dezán de nacenza (O Carrio, Val, Lalín, 1954), sendo un cativo levárono para O Carballiño. O oficio profesoral, impartindo Xeografía e Historia, levouno a asentarse en Vigo e despois no Val de Miñor.
Estudou Filosofía e Ciencias de Educación en Compostela. Participou, dende novo, no activismo político e cultural nacionalista.
En 1999 participou na fundación do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) do que foi o seu director ata 2015. Ten publicado sobre cuestións de historia contemporánea. Dende 2014 mantén o blog Pé do Galiñeiro.
Dende 2005 ten desenvolvido unha ampla actividade memorialista arredor da persecución franquista no Val de Miñor e desenvolvido unha serie de investigacións sobre a mesma en toda a área sur da provincia de Pontevedra.
sete falares

«Sete Falares» 

21 ao 27

Luns a domingo/Xuño

Festival internacional de contadores de historias

Luns 21 Xuño Charo Pita

Martes 22 Xuño Divas de Diván

Mércores 23 xuño Lois Pérez

Xoves 24 xuño Cris de Caldas

Venres 25 xuño Miguel Horta 

Antonio Fontinha e Soledad Felloza

Sábado 26 Antonio Fontinha , Soledad Felloza, Miguel Horta
Eugenia Manzanera, Martha Escudero

Domingo 27 Eugenia Manzanera, Soledad Felloza, Antonio Fontinha, Miguel Horta e Martha Escudero

As 21:00 h.
Praza da Pedreira
cunchas

«Festa das Cunchas» 

25 ao 30

Venres/Xuño

Capital Gastro lanza o seu primeiro evento gastronómico, que contará coa participación de 46 establecementos hosteleiros da Boa Vila.

Ostróns, berberechos, ameixas, escupiñas, mexillóns, navallas, vieiras e zamburiñas. Con esta materia prima froito da ría de Pontevedra celebrarase nas próximas semanas a I Festa das Cunchas

As datas de celebración destas Xornadas serán o sábado e domingo das dúas fins de semana que dura a festividade, podendo ofertarse o menú para comidas e ceas para os catro días: 19, 20, 26 e 27 de xuño.

O Concello ofrece excursións pola ría en embarcacións tradicionais (os días 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de xuño) dunha duración de 40 minutos. Para participar é preciso inscribirse na web www.visit-pontevedra.com.

Fins de semana
Pontevedra
trementina

«Samuel Merino» 

26

Sábado/Xuño

Encontro co poeta Samuel Merino (Pompa & Boato)
O poeta Samuel Merino (Pompa & Boato) visita a libraría Paz para falar do seu segundo poemario ‘Trementina‘ (Edic. Talón de Aquiles) acompañado da tamén poeta Lúa Mosquetera.
Na páxina web de Pompa & Boato lemos esta información de ‘Trementina’:
**Este libro es esencial, en el sentido más literal de la palabra. Es lo que queda después de la destilación, lo que permanece en mí, de mí y a través de mí, con el paso de los años. Una sucesión de horas, instantes, circunstancias que yo veo reflejados en los ojos de la mujer que ha sido, es y será la medida de todas las cosas.
Este libro lo escribe un niño criado en una casa vieja y hermosamente destruída.
Este libro lo escribe un niño que llora cada vez que su abuela se va a trabajar porque piensa que no volverá a verla más.
Este libro lo escribe un hombre que llora cuando lo abandonan porque cree que nadie lo querrá de nuevo.
Este libro se lo escribo a mi abuela porque no quiero llegar tarde.**

Actividade de aforo limitado. Reservar praza en librariapaz@gmail.com

As 12:30 

Libraría Paz

tren turistico

«Rutas Renfe» 

26

Sábado/Xuño

En colaboración con Turismo de Galicia, propoñémosche unha fascinante viaxe nos nosos  trens turísticos.

Once roteiros coas que poderás chegar ao momento máis setentrional da Península Ibérica, asomate a un de os cantís máis altos de Europa, visitar pazos e xardíns de camelias, gozar de a viticultura  heróica, visitar o  Versalles galego, achegarche a os mosteiros medievais de Galicia, coñecer os camiños de santiago… Aprenderás sobre a historia do ferrocarril en Galicia e revivirás o esforzo de miles de homes que fixeron posible una das obras máis complexas da enxeñería española. Un guía especializado acompañarache durante todo o traxecto. Os percorridos dos trens completaranse con autobuses que che achegarán aos puntos de interese.

Fins de semana
Galicia
Dorna

«Paseo en embarcación tradicional» 

26

Sábado/Xuño

Pantalán do Club Náutico de Pontevedra, en Av. de Uruguay

Con motivo da “Festa das Cunchas” que acolle a vila de Pontevedra, podrás disfrutar dun paseo nunha embarcación tradicional como se facía antigamente.

Ruta de 40 minutos ida e volta.
Incluido patrón, seguro, chalecos salvavidas e mariñeiro de apoio.
Actividade gratuita.
Idade mínima 5 años.
Saída Pantalán do Club Náutico de Pontevedra, en Av. de Uruguay
Fins de semana
Pontevedra
virgen

«Visita guiada» 

27

Domingo/Xuño

Edificios Castelao e Sarmiento

Museo de Pontevedra A Virxe Branca é unha das pezas nas que nos detemos durante as visitas guiadas gratuítas que vos propoñemos todos os domingos e que inclúen tamén explicacións sobre o Tesouro de Caldas, a xeración doente, a louza de Sargadelos, os renovadores e Castelao. Se queres participar neste percorrido inscríbete en educación.museo@depo.es

foto

«Galicia a un paso de tí» 

8

Martes/Xuño

Nova exposición de fotografía no Café Moderno de Pontevedra. A través de 216 fotografías, Adolfo Enríquez mostra Galicia e o seu rico patrimonio histórico, unha invitación aos seus habitantes e a quen a visita a coñecer, descubrir e tamén redescubrir a súa gran riqueza arquitectónica, natural e paisaxística. Valorar esta riqueza é o primeiro paso para conservala e preservala para as futuras xeracións.

«Galicia a un paso de ti», producida por Turismo de Galicia, é unha exaltación do territorio galego e o seu extraordinario poder de atracción, dunha terra única e privilexiada.  A mostra detense, primeiro, na natureza: as instantáneas do fotógrafo Adolfo Enríquez mostran as súas espléndidas praias, a Galicia interior que bañan mil ríos, o seu hábitat privilexiado, os seus 6 parques naturais, o Parque Nacional das Illas Atlánticas… E continúa despois mostrando a súa historia, o Camiño de Santiago e a zona histórica de Compostela, a Muralla de Lugo ou a Torre de Hércules, declarados todos eles pola UNESCO «Patrimonio da humanidade» e outros moitos recunchos emblemáticos, os seus costumes, as súas festas ou a súa gastronomía, conservados ao longo dos séculos, nunha simbiose perfecta de tradición e modernidade.

O AUTOR Adolfo Enríquez (Porto do Son, 1965) empezou na fotografía aos 14 anos, por casualidade, cando o seu pai levou á súa casa unha cámara Yashica Electro 35 que atopara abandonada. Desde entón, a fotografía forma parte da vida deste autor, convertido nun renombrado profesional cunha gran paixón: os escenarios naturais de Galicia. Unha devoción plasmada en guías e revistas de viaxes; exposicións en varios continentes, e nos libros Cara a Santiago e Sinte Galicia. Exposición producida por Turismo de Galicia. Xunta de Galicia

Ata o 17 Xullo 

Café moderno Pontevedra

Matamoro

«A mirada acesa”

4

Venres| Xuño

Inaguración da exposición « A mirada acesa«,  de Din Matamoro 

Para a súa primeira exposición no MARCO, Din Matamoro (Vigo, 1958) toma como punto de partida unha célebre premisa de Kandinsky: “O branco é o gran silencio cheo de cousas posibles”. Esta mostra reúne unha selección da súa obra dos últimos anos, centrada no estudo da cor, acompañada doutras pezas de épocas anteriores que, como todo o traballo deste artista, implica todo un ensaio sobre a percepción, os seus mecanismos e emocións. A intención é que a súa obra se vexa íntima, completa, que o espectador poida sentir a aparición e a aproximación lenta da cor na súa mirada, a enerxía interior que hai detrás da pel de cada pintura, gardando entre elas un espazo xeneroso.

Pinturas que se moven, que non se conxelan no tempo despois de seren pintadas, que conservan un latexo, unha enerxía que se despraza ante a ollada, sutilmente, como a luz cenital ao longo do día, ou a luz e as cores que se moven nas pantallas de cine. Se nos paramos a contemplar, a cor cambiará de intensidade e descubriremos o seu carácter intimo, certo misterio, a súa forza interior e, a un tempo, o tráxico cósmico no que o humano non é máis ca un eco, unha resonancia.

Do 4 de xuño ao 7 de novembro. 

velasco

Mostra“Galicia-Baviera » 

28

Venres/Maio

Sala de exposicións do GRANERO DELMAS
DESCRIPCION DA MOSTRA

Entre Galicia y Baviera e en concreto entre Pontevedra e Passau hai unha relación de intercambio de mais de vinte anos.
Passau está no Camiño de Santiago e realizaronse tres mostras recentemente unha no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, outra no Castelo de Neuburg en Passau, e a última en Marín no Museo Torres e no Ateneo Santa Cecilia.
A maioria dos artistas galegos da anterior mostra xunto con esta onde aparecen xa artistas alemáns, participaron nas tres mostras.

A mostra “Galicia-Baviera no espacio GRANERO DELMAS” é un magnifico exemplo desta paixón por viaxar que ten a arte dende terras de dous países irmáns e solidarios. Son moi necesarias mostras coma estas, onde se fan visibles grandes artistas galegos e bávaros cunha longa e prestixiosa traxectoria. Visibilidade tamén dunha fonda amizade de artistas que compartiron durante máis de vinte anos experiencias de colaboración en ambos países por medio da organización de mostras ou residencias de artistas como foron as que moitos galegos gozaron durante un mes nos veráns no Kulturmodell en Passau e que lles permitiu coñecer Salzburgo, Viena,Munich ou Praga,
cidades que se atopan preto de Passau e que encerran moita cultura e arte.

Artistas:

Manuel Hermida, Ilona Maier, Gerhard Mader, Marcelo Léonard Rodríguez, Hubert Huber, Miguel Pereira, Enrique Velasco Vieitez, Helga Mader

INAUGURACIÓN:
Venres 28 de maio ás 17 da tarde
Aforo limitado a seis personas por tramos de media hora.
Apuntarse no teléfono 619432721
Sala de exposicións do GRANERO DELMAS

Galerias Oliva 2 espacio 15

ata 30 de xuño

«Galicia de Nós a nós» 

20

Xoves/Maio

Exposición ‘Galicia, de Nós a nós’,  percorrido ao longo das tres salas nas que se distribúe trasladaravos desde os seus antecedentes ata a súa memoria hoxe en día, coñecendo aos protagonistas, a historia e os contidos dunha revista e un grupo humano que marcaron decisivamente a historia de Galicia.
Edificio Castelao, do 20 de maio ao 11 de xullo
Museo del Pontevedra
devellabella_suelo

«Exposición: Pedro Bueno»

12

Mércores| Maio

Centro cultural Marcos Valcárcel

Rua progreso 30 Ourense

O centro cultural Marcos Valcárcel reúne unha retrospectiva do pintor galego Pedro Bueno
O centro cultural Marcos Valcárcel acolle desde hoxe, 5 de maio,e ata o próximo 15 de agosto unha exposición do artista coruñés Pedro Bueno, que regresa a Ourense trinta anos despois da súa primeira exposición para mostrar unha retrospectiva dos últimos vinte anos de traballo e na que se inclúe unha ampla selección de cadros, cerámicas e obxectos persoais.
O artista recoñeceu “o complexo que foi escoller entre centos de pinturas, esculturas e outros traballos en diversas técnicas artísticas para resumir estes vinte anos”. Pedro Bueno amosou a súa satisfacción por expoñer de novo en Ourense no que cualificou como “unha xoia arquitectónica e un dos mellores centros de cultura de Galicia”, destacando entre as obras expostas unha colección sobre os sete pecados capitais, realizada entre os anos 2000 e 2002 pero que aínda se presentaron ao público por primeira vez 18 anos despois.
Ata o 15 Agosto 2021

CCMarcosValcárcel

devellabella_suelo

«Afonso X e Galiza»

7

Venres| Maio

Centro cultural Marcos Valcárcel

Rua progreso 30 Ourense

Cando coinciden o Ano Santo e o 800 aniversario do nacemento do “Rei Sabio”, abre as súas portas unha mostra centrada na figura do encargado de recompilar as Cantigas de Santa María, revolucionarias pola súa mestura do popular e o divino.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle a exposición “Afonso X e Galicia”. Nela faise un percorrido por unha das figuras máis relevantes da cultura europea a través de documentos e testemuñas arqueolóxicas, literarias e musicais que amosan a súa pegada na cultura galega no medievo.

E, sendo esta unha mostra moi vencellada á arte sonora, nas salas do centro cultural soa xa a música tradicional das frautas traveseiras e das violas. Nas súas vitrinas, expóñense diversos instrumentos medievais, coma a rota, de forma triangular, e neste caso reconstruída tomando como referencia o pórtico do Paraíso da catedral ourensá. Así mesmo, está presente o organistro, instrumento tamén medieval que se toca coa axuda dunha manivela, e que evolucionaría cara á zanfona coa contribución de cegos e mendigos. A mostra reivindica ao oído como sentido más necesario, ao ser vehículo para o entendemento do home.

Ata o 15 Agosto 2021

CCMarcosValcárcel

«4 Proxectos”

12

Luns| Abril

Mónica Alonso (A Fonsagrada, Lugo, 1970) centra a súa primeira mostra individual no MARCO nunha única peza, baixo o título A maxia do colibrí. 6 casos desesperados. Unha obra que naceu en 2015, durante a estadía da artista en México, e que precisou de todo este tempo para madurar, escribirse e reescribirse. Nese ano Alonso presentou en México a obra O colibrí vermello, que está no xerme deste proxecto, vencellado coas historias e rituais máxicos asociados ao colibrí nas culturas precolombinas, e moi en liña co interese da artista sobre as relacións entre ciencia e superstición.

Sobre o seu proxecto específico para o MARCO, sinala Rosendo Cid: “A partir do título albíscase a intención chave deste proxecto expositivo, desviándome do meramente descritivo para afondar no feito mesmo de todo acto creativo como mero ocorrer, como acontecemento, sendo consciente de todo aquilo que aconteza antes de que a peza estea completada pero que igualmente está implícito cando se finaliza.”

Salvador Cidrás (Moaña, 1965) e Juan Cidrás (Vigo, 1968) forman, dende 2015, un colectivo artístico que investiga o medio cerámico e téxtil dende unha perspectiva escultórica e pictórica, respectivamente. “O noso traballo céntrase na forma e o concepto de ‘aberrante’, aquilo que se aparta do que se considera normal, natural ou correcto, en oposición ao que se aferra –a convención– ou o que é formal. As pezas maniféstanse capaces de establecer relacións entre elas e mudar, xa sexa a través da forma, a cor ou a súa instalación no espazo.”

Mar Vicente (Lugo, 1979) propón un proxecto específico para os espazos do MARCO, en sintonía cun traballo que se caracteriza pola economía de elementos cromáticos e compositivos, e pola experimentación coa forma vencellada á transformación do soporte pictórico. O punto de partida é o cadrado, que a artista desenvolve cara a terceira dimensión. O cubo, como o seu volume máis directo, adopta actitudes non convencionais que, xunto á iluminación cambiante e o punto dende onde se observa, afectan á percepción dos volumes e dos espazos.

Do 12 de abril ao 12 de setembro. 

«Etérea”

16

Venres| Abril

Na exposición « Etérea«, Din Matamoro toma como punto de partida unha soada premisa de Kandinsky: “O branco é o gran silencio cheo de cousas posibles”. Esta mostra reúne unha selección da súa obra dos últimos anos, centrada no estudo da cor, acompañada doutras pezas de épocas anteriores que, como todo o traballo deste artista, implica todo un ensaio sobre a percepción, os seus mecanismos e emocións. A intención é que a súa obra véxase íntima, completa, que o espectador poida sentir a aparición e a aproximación lenta da cor na súa mirada, a enerxía interior que hai detrás da pel de cada pintura, gardando entre elas un espazo xeneroso. Pinturas que se moven, que non se conxelan no tempo despois de ser pintadas, que conservan un latexado, unha enerxía que se despraza #ante a mirada, sutilmente, como a luz cenital ao longo do día, ou a luz e as cores que se moven nas pantallas de cinema. Se nos paramos a contemplar, a cor cambiará de intensidade e descubriremos o seu carácter íntimo, certo misterio, a súa forza interior e, a un tempo, o tráxico cósmico no que o ser humano non é máis que un eco, unha resonancia.

Do 16 de abril ao 12 de setembro. 

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Actividades do 14 ao 20 de xuño 2021 – devellabella

Actividades do 14 ao 20 de xuño 2021 – devellabella

«O raio verde» 

14

Luns/Xuño

O raio verde Éric Rohmer  1986 Francia 94 min.

Quinta e penúltima parte da serie «Comedias e proverbios». Delphine é unha nova secretaria parisiense sen plans para as súas vacacións despois de que a súa amiga canceláseas no último minuto. Soa e triste, ela está decidida a viaxar. No camiño coñece a unha moza sueca que tenta animala pero que só consegue acentuar a súa sensación de soidade, ata que o seu destino de súpeto dá un xiro inesperado

As 20:30   VOSE

Teatro principal Pontevedra

Jesús carrasco

«Llévame a casa» 

14

Luns/Xuño

Entrevista e firma de exemplares co escritor Jesús Carrasco
O autor Jesús Carrasco será entrevistado pola periodista de Onda cero Susana Pedreira.
»Llévame a casa», é unha gran novela sobre a familia, os lazos que nos unen e as feridas que nos alonxan.

«Dating Amber» 

14

Luns/Xuño

Dating Amber  David Freyne 2020 Irlanda 92min.

Seguimos co noso ciclo de xuño «Xénero: identidades, orientacións e prexuízos«, e contaremos coa presenza da asociación Avante, que virán a falar do seu traballo e inquedanzas.
Na Irlanda dos anos 80, os mellores amigos Eddie (Ou’ Shea) e Amber ( Petticrew) finxen ser parella para afastar os rumores sobre a súa orientación sexual que corren polo instituto
As 20:30   VOSE

 Auditorio Municipal do Concello, na praza do Rei.

díscolo

«Andrés Muruais» 

15

Martes/Xuño

Ateneo de Pontevedra- Espacio Nemonón

Relatorio arredor da biografía “ANDRÉS MURUAIS. El díscolo bardo del Lérez”, de JOSÉ M. RAMOS GONZALEZ 

– Coa participación de Lola Varela (docente xubilada, experta en coeducación) e José M. Ramos González (profesor, escritor)

Entrada libre con acceso limitado por restriccións Covid

As 20:00 

Espazo Nemonón Villa Pilar

librariapaz

«A miña primeira novela de…» 

16

Mércores/Xuño

A editorial Contos Estraños presentan a colección ‘A miña primeira novela de…’ e os seus primeiros títulos: As probas do mago, Visitantes da Estrela Vermella, A caída de Guiomar e Pegadas de Búfalo.
Participan no acto a Alba Rozas e Tomás G. Ahola, escritores e editores.

Actividade de aforo limitado. Reservar praza en librariapaz@gmail.com

As 19:30 

Libraría Paz

«Nova orde» 

16

Mércores/Xuño

Nova orde – Michel Franco   – 2020-  México 88′

En México D. F. celébrase unha fastuosa voda de alta alcurnia mentres nas rúas próximas vívense violentas protestas co foco na loita de clases, derivando a tensa situación nun cruento golpe de estado. Vista a través dos ollos da nova noiva do enlace e dos serventes que traballan para a súa podente familia, ‘Nova orde’ segue as pegadas do derrube dun sistema político e do nacemento dun desgarrador novo reemplazo.

As 20:30 VO

Salón García Vilagarcía

«Au nom de la terre» 

17

Xoves/Xuño

Au nom de la terre Édouard Bergeon   – 2019-  Francia 103′

Pierre ten 25 anos cando regresa de Wyoming para atopar a Claire, a súa prometida, e facerse cargo da granxa familiar. Vinte anos despois, a granxa creceu, do mesmo xeito que a familia. É a época dos días felices, polo menos ao principio. As débedas acumúlanse e Pierre está exhausto no traballo.

Na nosa colaboración coa Alianza Francesa o filme deste mes é «Au nom de la terre» de Edouard Bergeon (Francia 2019).  Acceso gratuito até completar aforo. Cineclube Lumière

As 20:00 VOSE

Auditorio Municipal de Vigo

geoplotica

«Geopolítica, pandemia e poscapitalismo» 

17

Xoves/Xuño

Ateneo de Pontevedra- Espacio Nemonón

Relatorio arredor do ensaio “Geopolítica,pandemia e poscapitalismo”, de Alberte Blanco Casal 

Coa participación de Luís Bará (deputado no Parlamento de Galicia), Fran Alonso (director de Edicións Xerais de Galicia) e Alberte Blanco Casal (profesor, escritor) 

Entrada libre con acceso limitado por restriccións Covid

As 20:00 

Espazo Nemonón Villa Pilar

sete falares

«Sete Falares» 

18,19,20

Venres,sábado,domingo/Xuño

Festival internacional de contadores de historias

Venres 18 xuño Paula Carballeira

Sábado 19 Celso Fernández Sanmartín

Domingo 20 Marta Ortiz e Sofía Espiñeira

As 21:00 h.
Praza da Pedreira
cunchas

«Festa das Cunchas» 

18 ao 30

Venres/Xuño

Capital Gastro lanza o seu primeiro evento gastronómico, que contará coa participación de 46 establecementos hosteleiros da Boa Vila.

Ostróns, berberechos, ameixas, escupiñas, mexillóns, navallas, vieiras e zamburiñas. Con esta materia prima froito da ría de Pontevedra celebrarase nas próximas semanas a I Festa das Cunchas

As datas de celebración destas Xornadas serán o sábado e domingo das dúas fins de semana que dura a festividade, podendo ofertarse o menú para comidas e ceas para os catro días: 19, 20, 26 e 27 de xuño.

O Concello ofrece excursións pola ría en embarcacións tradicionais (os días 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de xuño) dunha duración de 40 minutos. Para participar é preciso inscribirse na web www.visit-pontevedra.com.

Fins de semana
Pontevedra
viño

«Concerto do viño» 

19,20

Sábado,domingo/Xuño

Barro iniciará en xuño a súa aposta polo ciclo de actividades culturais que percorrerán todas as parroquias do municipio ao longo do verán. Será cos Concertos do Viño. Esta actividade, que substitúe á cancelada Festa do Viño, desenvolverase no Pazo dá Crega os próximos días 19 e 20 de xuño, segundo anunciou o goberno municipal. Os Concertos do Viño comezarán coa actuación do grupo Luar na Lubre o sábado 19 ás 22:00 horas. O domingo 20, ás 12:00 horas, será a quenda de Píscore cun espectáculo para público infantil e, pola tarde, ás 20:00 horas actuará a Banda xuvenil de Barro con Suso Vaamonde.

As actuacións serán gratuítas e con aforo limitado. Será necesario retirar a entrada nas dependencias do Concello, que estarán dispoñibles a partir de 1 de xuño en horario de mañá. Co obxectivo de extremar as precaucións e de realizar unha actividade segura e sen riscos, utilizarase un sistema de control no que as cadeiras estarán numeradas e separadas por sectores e no que os asistentes terán que achegar os seus datos persoais á hora de recoller as entradas coa finalidade de ser contactadas se fose necesario. Poderanse expedir un máximo de cinco entradas por persoa.

As 21:00 h.
Pazo da Crega
lixeiro

«Ismael Ramos» 

19

Sábado/Xuño

Encontro co poeta Ismael Ramos
O poeta Ismael Ramos visítanos para falar da recente publicación do poemario ‘Lixeiro‘ (Edic. Xerais) acompañado da tamén poeta Alba Cid.
»Lixeiro», o terceiro libro de Ismael Ramos, é unha reflexión sobre os desencantos do presente e a procura dunha transcendencia que non chega.
A precariedade, a amizade no transo á idade adulta, unha parella que se desintegra, unha irmá que medra, lebres que cruzan a estrada sen mirar, traballadores en barco, tren, autobús… Todos eles atravesan este poemario, que foxe coma un animal miúdo sen saber moi ben onde vai, gozando de cada respiración na carreira.
Velaquí o latexo dun corazón novo.

Actividade de aforo limitado. Reservar praza en librariapaz@gmail.com

As 12:30 

Libraría Paz

virgen

«Visita guiada» 

20

Domingo/Xuño

Edificios Castelao e Sarmiento

Museo de Pontevedra A Virxe Branca é unha das pezas nas que nos detemos durante as visitas guiadas gratuítas que vos propoñemos todos os domingos e que inclúen tamén explicacións sobre o Tesouro de Caldas, a xeración doente, a louza de Sargadelos, os renovadores e Castelao. Se queres participar neste percorrido inscríbete en educación.museo@depo.es

foto

«Galicia a un paso de tí» 

8

Martes/Xuño

Nova exposición de fotografía no Café Moderno de Pontevedra. A través de 216 fotografías, Adolfo Enríquez mostra Galicia e o seu rico patrimonio histórico, unha invitación aos seus habitantes e a quen a visita a coñecer, descubrir e tamén redescubrir a súa gran riqueza arquitectónica, natural e paisaxística. Valorar esta riqueza é o primeiro paso para conservala e preservala para as futuras xeracións.

«Galicia a un paso de ti», producida por Turismo de Galicia, é unha exaltación do territorio galego e o seu extraordinario poder de atracción, dunha terra única e privilexiada.  A mostra detense, primeiro, na natureza: as instantáneas do fotógrafo Adolfo Enríquez mostran as súas espléndidas praias, a Galicia interior que bañan mil ríos, o seu hábitat privilexiado, os seus 6 parques naturais, o Parque Nacional das Illas Atlánticas… E continúa despois mostrando a súa historia, o Camiño de Santiago e a zona histórica de Compostela, a Muralla de Lugo ou a Torre de Hércules, declarados todos eles pola UNESCO «Patrimonio da humanidade» e outros moitos recunchos emblemáticos, os seus costumes, as súas festas ou a súa gastronomía, conservados ao longo dos séculos, nunha simbiose perfecta de tradición e modernidade.

O AUTOR Adolfo Enríquez (Porto do Son, 1965) empezou na fotografía aos 14 anos, por casualidade, cando o seu pai levou á súa casa unha cámara Yashica Electro 35 que atopara abandonada. Desde entón, a fotografía forma parte da vida deste autor, convertido nun renombrado profesional cunha gran paixón: os escenarios naturais de Galicia. Unha devoción plasmada en guías e revistas de viaxes; exposicións en varios continentes, e nos libros Cara a Santiago e Sinte Galicia. Exposición producida por Turismo de Galicia. Xunta de Galicia

Ata o 17 Xullo 

Café moderno Pontevedra

«Voilà la femme» 

26

Mércores/Maio

Nova edición de VOILÀ LA FEMME, XXVIII edición 
Podedes disfrutar das obras de Nuria Argibay Pérez-Espiña, Lara Cores Piñeiro, Candela Eirea Orro, Laura López Ignacio e Sofía Pastor Herranz 
De martes a venres de 17:30 a 20:30 e sábados de 11:00 a 13:00 en Rúa do Forno, 42, baixo. Marín
do 26 de maio ao 18 de xuño

Ateneo Santa Cecilia

Galego