A VELLEZ

Un día descóbrela no espello,

non chegou de repente,

estaba aí,

foise coando amodo ante os teus ollos,

sen case decatarte,

pero ti

non querías vela.

 

Foise abrindo paso entre os enfeites,

cada vez máis necesarios,

máis visibles,

ata que non puideron ocultala,

facíase evidente, era tanxíbel,

pero ti

aínda non querías vela.

 

E teimaches na loita contra ela

sen saber apenas que loitabas

por borrar os signos delatores

porque ti

seguías sen querer vela.

 

Ata que un día admites

que non te podes enganar

e comprendes que esa imaxe, que es ti,

chegou aí para quedar e empeorar,

aínda que ti

te negues a vela.

 

Pero sabes

que é o reflexo da vida que viviches,

e descobres aínda na mirada

un brillo tenue

da infancia distante

entón é cando ti

xa  por fin podes vela.

Charo Valcárcel outubro 2020

LA VEJEZ

La descubres un día en el espejo,

no llegó de repente,

estaba ahí,

se fue colando despacio ante tus ojos,

sin casi darte cuenta,

pero tú

no querías verla.

 

Se fue abriendo paso entre aderezos,

cada vez más necesarios,

más visibles,

hasta que no pudieron ocultarla,

se hacía evidente, era tangible,

pero tú

aún no querías verla.

 

Y porfiaste en tu lucha contra ella

sin saber apenas que luchabas

por borrar sus signos delatores

porque tú

seguías sin querer verla.

 

Hasta que un día admites

que no te puedes engañar

y comprendes que esa imagen, que eres tú,

llegó ahí para quedar y empeorar,

aunque tú

te niegues a verla.

 

Pero sabes

que refleja la vida que viviste,

y descubres aún en tu mirada

un brillo tenue

de la infancia lejana,

y es entonces cuanto tú

ya por fin puedes verla.

Charo Valcárcel outubro 2020

Charo Valcárcel Mato

Charo Valcárcel Mato

Profesora de galego

Eu son Charo Valcárcel. Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…

Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.

No Valle Inclán coñecín a Ana, Manuel, Isidro, Benito e Sara que, considero, máis que compañeiros, amigos, bos amigos. Xuntos compartimos moitas experiencias.

Agora esta na que nos implicou Ana que, polo menos para min, é un salvavidas, un incentivo que chega para encher o oco que deixa o ensino nas nosas vidas.

Pero tamén formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.

Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.

Despedida

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥