“Galo e Torre Eiffel”

Óleo sobre lenzo 70x50cm.

 É a reprodución do orixinal de Marc Chagall. Foi este un pintor francés de orixe bielorrusa dos primeiros anos do século XX, un dos máis importantes do vangardismo europeo. Está considerado como o pintor por excelencia. As súas obras comunican felicidade e optimismo mediante cores intensas(lembremos a Matisse). O seu traballo fluctúa entre a realidade e a fantasía co mundo dos soños sempre presente, ambientes máxicos e mundos misteriosos.
Neste cadro observamos ese cromatismo brillante que é unha peculariedade que domina toda a súa produción. Así mesmo o galo, a Torre, a parella de noivos e outros animais son motivos que reaparecen nas súas creacións.

Notas biográficas da autora:

Montse naceu na Estrada en 1960. Estudou no Instituto Manuel García Barros desta cidade o bacharelato  e Filoloxía Hispánica en Compostela, exercendo como profesora de Lingua galega e literatura durante 25 anos.

Desde 1988 vive na Coruña a onde chegou tras obter destino definitivo en Carballo, aínda que  pouco despois conseguiu  o traslado para o IES Ramón Menéndez Pidal da cidade, alí desenvolveu a  docencia ata a súa  xubilación no 2007.

Ao xubilarse  puido dedicarse de forma máis plena a unha das súas paixóns: pintar. Na súa produción artística conta con cadros orixinais seus e outros, coma este que nos presenta hoxe, que son interpretacións de autores aos que admira.

Música

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥