Mar fendida e sen arranxo

 Esta peza forma parte dun amplo conxunto de obras dedicadas ao mar e a súa relación connosco .

 Nos dous fendidos maniféstase o dano que lle estamos a facer a un ben tan necesario, a vez tráxico e prodixioso, e dunha intensa vida, como o representan as delicadas anémonas que o cubren todo coa súa branca transparencia

 A obra pretende invitar a unha reflexión da situación actual da nosa relación co mar pero faino dun xeito pesimista pois a ferida é fendida e ademais “sen arranxo” soamente fican os “malcosidos”.

 

MIGUEL PEREIRA FIGUEROA: Madrid . 1949

Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela en 1976

Bolsa para o Museo de Pontevedra 1974-1977

Membro do Padroado do Museo do Pobo Galego 1977-2021

Membro do Instituto de Estudos Galegos do CSIC 1978-2021

Director facultativo do Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra 1977-2014

Director da Editorial da Deputación de Pontevedra 1986 -2014

Académico correspondente da Real Academia da Historia Española

Inicia a súa vida artística no teatro como membro do grupo de teatro independente “Axpasia” de intensa actividade nos anos 1969 -1975 en Santiago de Compostela .

A actividade creativa pictórica, con introdución na vida pública ,iníciase a partir dos anos 90, con máis dun cento de exposicións. Primeiramente en Pontevedra e deseguido en toda Galiza e nas súas principais cidades: Santiago de Compostela, A Coruña, O Ferrol, Vilagarcía, Lalín, Lugo, Ourense e Vigo. Logo noutras cidades españolas: Cartagena e Madrid pasando a Europa: Portugal (Lisboa, Porto e Monçao) en Francia na Bretaña, en Alemaña (Trier, Passau e München), República Checa (Salón Internacional AJV), en Austria (Linz e Viena ) e Tamén en América: Nos EE.UU. (En Nova York en 5 ocasións) e en Miami e Igualmente en Cuba (Na Habana).

más artículos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥