Unha película de Alfonso Zarauza cunha grande tensión psicolóxica, facilmente recoñecible a xeografía da illa e dalguns dos habitantes dela. O final queda en suspenso para que cada quen saque as súas propias conclusións, o saír de ver a película tivemos un debate do máis enriquecedor, cada quen interpretóuna dunha maneira. Gustoume moito a interpretación de todos os actores. Melania Cruz, Antonio Durán, Xulio Abonjo, Anaël Snoek e Marta Lado.

Resumo: Vicente e Mariña chegan para pasar o verán a Ons: el vén dun accidente e as súas consecuencias psicolóxicas, e a viaxe ha de ser un bálsamo para o seu matrimonio. A estancia prolóngase a pedimento del, e a medida que os días se van tornando borrascosos, segredos gardados empezan a aflorar.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥