Viaxe a Rusia

O día oito de agosto pola mañá collemos o avión no aeroporto de Vigo  con destino a Madrid, alí collemos outro con destino a San Petersburgo, cidade á  que chamaron antes Petrogrado e logo Leningrado. Chegados ó aeroporto da gran  cidade rusa estábanos esperando un guía para conducirnos ó Solo Sokos Hotel  Vasilievsky, moi preto do ría Neva que pasa por San Petersburgo e preto da súa desembocadura no golfo de Finlandia.

Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Profesor de Matemáticas

José Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes.

 Turquia

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥