Grecia
Manolo Gulías MárquezNo verán, aínda que non tiñamos boas referencias de Grecia, decidimos ir a ver de cerca o que dende lonxe non parecía demasiado atractivo. A pesar de que o humorista Miguel Gila dicía que estaba toda rota fomos igualmente.
Como sempre, collemos o avión, e despois da escala de rigor, unhas veces toca Madrid e outras Barcelona, chegamos ao aeroporto de Eleftherios Venizelos de Atenas.
Alí apareceu para recibirnos unha persoa da axencia de viaxes que nos levou nun taxi por unha ampla avenida na que tivemos que soportar un monumental atasco.
Fomos ata o centro da cidade e xa logo ao Athens Thiare Hotel, na praza Omonoias daquela en obras, facendo o que hoxe é unha gran praza cunha fermosa fonte no medio.
Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa




Manolo Gulias Márquez
Docente
Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥