«La primera víctima cuando llega la guerra es la verdad» (Esquilo, poeta tráxico grego -525 – 456 a.C. / Hiram Johnson, senador estadounidense, 1917/ Lord Ponsonby, político británico, 1928)
«En tiempos de guerra la verdad es tan preciosa que debería ser protegida por un guardaespaldas de las mentiras» (Winston Churchill)
Seguramente moitas persoas estarán de acordo coas frases anteriores e parecerán obvias, pero non está de mais volvelas a recordar nestes tempos tamén bélicos. Que nos “media” se minte e manipula (fake news) é habitual, e máis frecuente do que nos gustaría. Mais ten sido así de sempre. Dende Esquilo!
Imos a ilustrar este fenómeno con dúas fotografías paradigmáticas e moi coñecidas: Erguendo a bandeira en Iwo Jima (Raising the Flag on Iwo Jima) e Erguendo unha bandeira sobre o Reichstag, Unha norteamericana -cronoloxicamente a primeira- e a outra soviética, e que foron feitas ao final da II Guerra Mundial. Ámbalas dúas foron manipuladas intencionalmente para lograr o maior efecto propagandístico. Vexamos cadansúa.
Erguendo a bandeira en Iwo Jima é o nome da fotografía histórica feita o 23 de febreiro de 1945 por Joe Rosenthal na illa de Iwo Jima. Amosa cinco marines dos Estados Unidos e un médico da Armada alzando a bandeira estadounidense no monte Suribachi durante a batalla de Iwo Jima, que durou dous meses máis, na segunda guerra mundial. Esta foto foi tomada dúas veces, e a máis coñecida é a que foi feita por segunda vez.
A primeira foto foi tomada polo fotografo Louis R. Lowery, da revista Leatherneck, e a segunda por Joe Rosenthal da Associated Press cunha cámara cámara Graflex 4×5. A segunda foto foi controvertida: houbo sospeitas de foi un pousado e de que a foto foi montada.
A foto final apareceu nas portadas de todo Estados Unidos, onde adoptada como símbolo de unidade na longa guerra. A foto tivo tanta repercusión que se converteu nun selo postal e nun monumento de bronce de 100 toneladas.
Foto orixinal
Foto Final
Erguendo unha bandeira sobre o Reichstag é o nome da histórica fotografía tomada o 2 de Maio de 1945 por Yevgueni Jaldéi, usando unha cámara Leica (alemana). Foi a resposta soviética á foto de Iwo Jima para conseguir un efecto semellante na URSS.
Jaldéi optou por levar consigo unha bandeira confeccionada a toda presa con tres manteis vermellos sobre os que, recortados e peor cosidos, lucían a estrela de cinco puntas e a fouce e o martelo. Berlín, a Leica e a bandeira eran os ingredientes cos que Jaldéi tiña que lograr epatar a Stalin e de paso ao mundo enteiro. Jaldéi buscou localizacións ata chegar ao Reichstag que reflexaba nas súas paredes os efectos da batalla: unha bandeira vermella na Cancillería do Reich só podía interpretarse como a imaxe do trunfo de uns e a derrota de outros.
Foto orixinal
Foto Final
Cuando o carrete foi revelado en Moscú apareceron varios problemas detectados pola propaganda soviética. A cidade aparecía inerte, fría, como se a guerra fose cousa dun lonxano pasado. A Berlín faltáballe algo, e ao mesmo tempo sobráballe un reloxo ao soldado da gorra de prato, que claramente levaba dous, uno en cada man, produto do saqueo: dese feo detalle non se deron conta ata un mes máis tarde.
A foto engadíronselle dúas grandes columnas de fume no horizonte que reforzaron o dramatismo e a sutil suxestión de que aínda se combatía en Berlín no momento da toma da fotografía. Un carro de combate T34/85 con bandas brancas, que se vislumbra na parte inferior, aumentou un grado máis a sensación de combate. O reloxo da man dereita foi borrado por Jaldéi, con gran paciencia do negativo cunha agulla. Toda a escena se escureceuse un pouco máis ata que por conseguiuse o obxectivo épico marcado por Stalin: los soviéticos xa tiñan o seu icono como o de Iwo Jima, la toma de Berlín.
Como conclusión, so queda reler as citas do principio e ter claro que nos tempos actuais os mass media son e serán sempre “ a voz do seu amo”.

Xosé Antonio Pérez Graña
Profesor de inglés
Naceronme en Cotobade no 1952. Estudei Maxisterio (por inglés) e Psicoloxia. Traballei durante 37 anos no ensino, rematando a miña vida laboral no IES Valle Inclán, onde formei parte do grupo de teatro Argallada. Encargueime tamén da revista anual do Instituto. Nesta nova etapa, adicareime a recompilar artigos e actividades da nosa Web para facer unha revista-resume cada mes.
máis artigos
Microidadismos I por Pilar Freitas Juvino
by Pilar Freitas | Maio 31, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 25 ao 31 de Maio por Ana Santos
by Ana | Maio 24, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 18 ao 24 de maio 2026 por Ana Santos
by Ana | Maio 17, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 11 ao 17 de maio por Ana Santos
by Ana | Maio 10, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 4 ao 10 de Maio por Ana Santos
by Ana | Maio 3, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 27 de Abril ao 3 de Maio por Ana Santos
by Ana | Abril 26, 2026 | Actividades | 0 Comments
Lola Fontán Fernández-a Xenxa- por Ana Santos
by Ana | Decembro 16, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Piruca Baena Solla por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 21, 2025 | Historias de vida | 2 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 2 Comments
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Deixemos de dicir: “que ben te vexo para a idade que tes!”
by Ana | Xullo 2, 2026 | Literarias | 0 Comments
Rock e Arte Conceptual de Nova York por Javier Domínguez
by Colaborador | Xuño 14, 2026 | Articulos | 0 Comments
Carautas por Charo Valcárcel e Iria Morgade
by Colaborador | Xuño 14, 2026 | Literarias | 0 Comments