Esta é a nosa homenaxe polo día internacional da poesía. Cada un de nós elexiu un poema e declamou, fixemos un video resumo con pequenas estrofas do poema elexido. Agardamos que vos guste tanto coma nós facelo.
Un poète
Boris Vian, Je voudrais pas crever, 1962.
Un poète
C’est un être unique
à des tas d’exemplaires
Qui ne pense qu’en vers
Et n’écrit qu’en musique
Sur des sujets divers,
Des rouges ou des verts,
Mais toujours magnifiques!
Como hei vivir mañá sen a luz túa?
Bernardino Graña (1980), Se o noso amor e os peixes… (Vigo: Edicións Xerais)
Case morto vivín sen coñecerte
aló na chaira seca por absurdas rúas
onde ninguén me soupo dar mornura.
Foi soedade desconforme adentro
e a semente a caír en terra dura.
¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?
Erguinme e vinte ó regresar á terra
como se fora todo aquelo un soño
pesado e ti xa foras sempre miña.
Foi outra vez materno en aloumiño
o bico teu na lingua.
E foi de novo corazón adentro
comprender a existencia e a dozura.
¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?
Pero hoxe mesmo o día abriu en medo
entrou na fiestra un sol extraño inmenso
e deixáchesme o leito en mantas frías.
Está a volver agora corazón adentro
a soedade o podre a agonía
a me pinchar as cousas en millóns de pugas
cada minuto en séculos de agullas.
¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?
Lo fatal
Rubén Darío, Antología poética 1911
Dichoso el árbol que es apenas sensitivo,
y más la piedra dura porque esa ya no siente,
pues no hay dolor más grande que el dolor de ser vivo,
ni mayor pesadumbre que la vida consciente.
Ser, y no saber nada, y ser sin rumbo cierto,
y el temor de haber sido y un futuro terror…
Y el espanto seguro de estar mañana muerto,
y sufrir por la vida y por la sombra y por
lo que no conocemos y apenas sospechamos,
y la carne que tienta con sus frescos racimos,
y la tumba que aguarda con sus fúnebres ramos,
y no saber adónde vamos,
ni de dónde venimos!…
Non
Celso Emilio Ferreiro “Longa noite de pedra” 1962
Si dixese que sí,
que todo está moi ben,
que o mundo está moi bon,
que cada quén é cada quén…
Conformidá.
Ademiración.
Calar, calar, calar,
e moita precaución.
Si dixese que acaso
as cousas son eisí,
porque sí,
veleí,
e non lle demos voltas.
(Si aquel está enriba
e aquel outro embaixo
é por culpa da vida.
Si algúns van de porta en porta
cun saco de cinza ás costas
é porque son unhos docas).
Si dixera que sí…
entón sería o intre
de falar seriamente
da batalla de froles
nas festas do patrón.
Pero non.
Os líquidos íntimos
de Olga Novo
coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas.
algunhas conservan estirados os nomes que gravei a navalladas
tódalas tardes ó volver da escola.
acostumada a tirar por un poema como por un becerro
cando se lle ven as patas,
cando xa non se está en idade de medrar
toda maduración require un desgarro de tendóns
entón é cando corren polo meu peito rabaños de cabras
que non se dirixen a ningunha parte,
sóbenme ás paredes desde as que te vexo,
arrancan coa lingua o pasto mentres te vas.
o tacto dos teus violíns faime chorar terriblemente.
e case non podo soportar que as túas mans me acariñen
como a la dos xerseis que me facía a miña nai cando era nena.
pero coa miña pel
coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas.
Charo Valcárcel “Cando os bosques sintan frío” 2022
Volvín alí para atoparnos,
alí onde ficanron as nosas palabras,
e agochei nos ollos todas as estrelas
e escoitei a música líquida da auga.
Volvín para sentir de novo as bolboretas,
as cóxegas da herba nos pés inmaculados,
o plácido acougo anegando a tarde.
Volvín…
e só atopei lembranzas fuxidías
que se esvaen no aire azul que me rodea.
Corpo de Antiochia
Tamara Andrés
Non hai beleza nas pegadas
dos que obrigan a marchar,
nin naqueles recantos onde
agochamos a carne
que nos arrincaron
nin nos tempos
que son roubados.
Os éxodos son a fame
da memoria. Cando suceden
levamos con nós todos os nenos
para que sexan eles quen abran
o camiño.
Canción de cuna para Rosalía muerta
Federico García Lorca
¡Erguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Erguete, miña amada,
porque o vento muxe, como unha vaca!
Os arados va e vên
dende Santiago a Belén.
Dende Belén a Santiago
un anxo ven en un barco.
Un barco de prata fina
que trai a door de Galicia.
Galicia deitada e queda
transida de tristes herbas.
Herbas que cobren téu leito
e a negra fonte dos teus cabelos.
Cabelos que van ao mar
onde as nubens teñen seu nídio pombal.
¡Erguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Erguete, miña amada,
porque o vento muxe, como unha vaca!
Popular
Cando saín de Soutelo
meus ollos eran dúas fontes
Adiós montes de Soutelo
adios Soutelo de montes
máis artigos
Actividades do 25 de setembro ao 1 de outubro 2023
by Ana | Setembro 23, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 18 ao 24 de setembro 2023
by Ana | Setembro 17, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 11 ao 17 de setembro 2023
by Ana | Setembro 10, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 4 ao 10 de setembro 2023 #devellabella#
by Ana | Setembro 2, 2023 | Actividades | 0 Comments
Revista do mes de Xuño 2023 por José A. Pérez Graña
by Xose Antonio Pérez Graña | Xullo 13, 2023 | Actividades | 0 Comments
Revista do mes de maio 2023 por José A. Pérez
by Xose Antonio Pérez Graña | Xuño 4, 2023 | Actividades | 0 Comments
Xulio Simón Rúa por Ana Santos Solla -devellabella-
by Ana | Setembro 17, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Guillermo Campos Piñón por Ana Santos -devellabella-
by Ana | Xuño 29, 2023 | Historias de vida | 1 Comment
Marisol Mato Taboada por Ana Santos
by Ana | Xuño 11, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Juan Mejuto Pérez por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 30, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Nieves Fernández Barrio por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 16, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Intolerancia por Jesús Gayoso Álvarez
by Colaborador | Setembro 24, 2023 | Articulos | 0 Comments
Ateneo de Pontevedra por Xaime Toxo
by Colaborador | Setembro 17, 2023 | Literarias | 0 Comments
Xulio Simón Rúa por Ana Santos Solla -devellabella-
by Ana | Setembro 17, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
A educación por Jose María Solla Casqueiro
by Colaborador | Setembro 16, 2023 | Fotográficas | 0 Comments