Hungría, Eslovaquia, Chequia, Alemaña... Última parte 2021
Sara ValenzuelaA viaxe do 2021. Novembro
Hungría, Eslovaquia, Chequia, Alemaña, Francia, España. Última parte 2021
Imos camiño de Hungría, Budapest, é o 4 de novembro, pero marchamos un pouco antes de Belgrado, coa idea de parar no camiño e fixémolo en Novi Sad.
Vouvos contar.
Novi Sad foi proclamada a primeira cidade de Serbia que ostenta o título de Capital Europea da Cultura, a pesar de non formar parte da Unión Europea.
Aglutina comunidades de húngaros, eslovacos, croatas, xitanos e montenegrinos, aínda que a porcentaxe que representa a maioría serbia creceu nos últimos 30 anos, pasando de 64% a 78% hoxe.
Ocupamos a mañá percorrendo a cidade, tomando o café do mediodía, e a verdade é que mereceu a pena facer esta parada. É unha cidade moi coidada con fermosos edificios no centro e tamén se pode visitar unha importante sinagoga. Trátase dunha visita moi interesante e é unha pena que non poidamos pasar un par de días para coñecela mellor pero xa tiñamos un apartamento contratado en Budapest.
Seguimos camiño de Budapest. A entrada da fronteira, foi un pouco caótica hai que ter en conta que se trata dunha fronteira externa da Unión Europea, tardamos unhas dúas horas ou máis en pasala xa que había unha cola inmensa e só un par de postos funcionando, levámolo con filosofía, paraban todos os coches e pediron abrir o maleteiro, vamos, un bo control. Había moitos coches que viñan de Turquía con destino a Alemaña e comprobábase que non levasen produtos de contrabando, como o tabaco que é moito máis barato en Servia. Preguntaron canto tabaco levavamos e obligáronnos a ensinárllello. Non podo dicir o número de camións, nunca vimos tantos. Déixovos un vídeo, e xa diredes..Multiplica iso por centos, polo menos
Sara Valenzuela Viz
Profesora de Historia
Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira.
Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.
Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.
Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.
Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.
Neste proxecto vou poñer o meu graniño de area, e espero que sexa do voso agrado
Países do sur e centro de Europa 1ª parte
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥