Versos a dúas

Devellabella.com e o Ateneo de Pontevedra organizan a

I MOSTRA POÉTICA

VERSOS A DÚAS VOCES

En Pontevedra, na Semana da celebración do Día Mundial da Poesía.

Mércores 20 de marzo

No Museo de Pontevedra.

Bases:

1. Poderán participar autores pontevedreses ou non coa única condición de que os versos elixidos estean en galego ou portugués. Non haberá limitación por idade, aínda que dada a natureza do blog devellabella.com animamos especialmente os autores de +60 .

2. A mostra consistirá no recitado por parellas dun único poema ou fragmento, xa existente ou elaborado para a ocasión, e que deberá ser como mínimo da autoría dun dos participantes.

3. O recitado poderá levar acompañamento musical, (a propia organización encargarase de proporcionalo) se así o desexan os/as autores/as, mais en calquera caso contarán cun tempo límite de dous minutos, que non deberá sobrepasarse dada a importancia que ten cara ao desenvolvemento do acto co fin de manter unha necesaria ecuanimidade na intervención de cada parella.

4. Un mesmo poeta ou acompañante non poderá formar parte de máis de un recitado.

5. O tema dos versos será libre, evitando, iso si, contidos inadecuados ou ferintes por insultos, vexacións, etc. en cuxo caso serían rexeitados polas entidades convocantes.

6. As persoas interesadas deberán inscribirse con anterioridade ao 15 de febreiro de 2024 no correo devellabella@gmail.com indicando no ASUNTO: VERSOS A DÚAS VOCES. No corpo da mensaxe debe figurar o nome e apelidos dos participantes (dos dous) e a súa procedencia. En arquivo á parte INCLUIRASE O TEXTO ELIXIDO PARA A MOSTRA E O TÍTULO.

7. A orde de actuación será a de inscrición.

8. Os poemas serán publicados en número especial da revista que publica o blog De vella a bella e ademais na súa canle de youtube.

Presentación do acto a cargo de: Manuel Lastra Galiano ( representando devellabella) e Gloria García (representando o Ateneo de Pontevedra)
Intervenientes: Maricarmen Cacabelos e Queco FrescoXesús Constela Doce e Manuel Pérez Lourido. Adela Martinez e Adri de Vargas. Isabel García Uría e Xaime Toxo. Nila Álvarez Pousa e Ana Corzo Sánchez. Graça Foles e Teresa Melo. Ramón Caride Ogando e Lula Blanco Prol. Benito Piñeiro Sanjorge e Carmen Quinteiro Moreno.Paula Freire e António Silva. Se e Fita a Galana. Ana Isabel Prol Álvarez e Esther Pardo Marmolejo. Silvia Figueiras Dovalo e Jesús Casal Piñeiro. Elena Lameiro Ferradás e Aarón Franco Outón. Julia González Alonso e Sara Maravillas,. Fina Casalderrey e Antón Sobral. Charo Valcárcel e Ana Santos.

Actuación musical de ex membros do grupo QUINTA FEIRA (Marcos Seixo, Tito Maquieira e Toño Domínguez) que interpretarán: O señor das carapazas de Blanco Torres, Tinta do mar de Luísa Villalta e Adeliña de X. Xesús González 

Enlaces de prensa

Ondacero: De vella a bella estrearase no 2024 organizando unha mostra poética: “Versos a dúas voces”

PontevedravivaAbertas as inscricións para participar nun orixinal recitado de versos a dúas voces.

Faro de Vigo: El colectivo De vella a bella y el Ateneo impulsan la primera Mostra Poética “Versos a dúas voces”

La Voz de Galicia El colectivo De Vella a Bella, nacido a finales del 2020, y el Ateneo de Pontevedra impulsan su primera muestra poética

Radio Estrada 107.7 FM Falamos con Ana Santos e Charo Valcarcel de DE VELLA A BELLA, sobre a I Mostra poética, VERSOS A DÚAS VOCES

Pontevedraviva Manuel Pérez Lourido na sua columna de opinión fala do noso blog e da mostra poética

Faro de Vigo Desaseis parellas conforman a proposta de Versos a dúas voces

Cadena Ser, Hoy por hoy entrevistan a Charo Valcarcel para falar da mostra poética

Onda cero “De Vella a Bella” estrea a primavera con poesía: Versos a dúas voces

Pontevedraviva ‘De vella a bella’ logra el éxito en la primera muestra poética ‘Versos a dúas voces’

Galegos no Baix Mostra poética devellabella

Charo Valcárcel Mato

Charo Valcárcel Mato

Profesora de lingua galega

Eu son Charo Valcárcel. Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…

Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.

No Valle Inclán coñecín a Ana, Manuel, Isidro, Benito e Sara que, considero, máis que compañeiros, amigos, bos amigos. Xuntos compartimos moitas experiencias.

Agora esta na que nos implicou Ana que, polo menos para min, é un salvavidas, un incentivo que chega para encher o oco que deixa o ensino nas nosas vidas.

Pero tamén formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.

Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.

Amauta Castro

Antón Riveiro Coello

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥