
Devellabella.com coa colaboración do Ateneo de Pontevedra organiza a
II MOSTRA POÉTICA
VERSOS A DÚAS VOCES
que terá lugar o mércores 19 de marzo de 2025 ás 19:00 horas no Museo de Pontevedra, contribuíndo á celebración do Día Mundial da Poesía.
Bases:
1. Poderán participar todos os autores que queiran coa única condición de que os versos elixidos estean en galego ou portugués. Non haberá limitación por idade, aínda que dada a natureza do blog devellabella.com animamos especialmente os autores de +60 .
2. A mostra consistirá no recitado, declamado ou performance por parellas dun único poema ou fragmento, xa existente ou elaborado para a ocasión, e que deberá ser como mínimo da autoría dun dos participantes.
3. Un mesmo poeta ou acompañante non poderá formar parte de máis de un recitado.
4. A actuación contará cun tempo límite de dous minutos, que non deberá sobrepasarse dada a importancia que ten cara ao desenvolvemento do acto, co fin de manter unha necesaria ecuanimidade na intervención de cada parella.
5. O acompañamento musical só será posible se os participantes interesados dispoñen de tal acompañamento en directo, en ningún caso cunha gravación, debido aos problemas técnicos que tal posibilidade adoita carrear.
6. As actuacións realizaranse en persoa o día da celebración do acto. Tampouco se aceptarán, nesta nova convocatoria, gravacións en vídeo das mesmas por mor dos problemas de conexión que sufrimos o ano pasado.
7. O tema dos versos será libre, evitando, iso si, contidos inadecuados ou ferintes por insultos, vexacións, etc. en cuxo caso serían rexeitados polas entidades convocantes.
8. A inscrición realizarase con anterioridade ao 21 de febreiro de 2025 no correo devellabella@gmail.com indicando no ASUNTO: VERSOS A DÚAS VOCES. No corpo da mensaxe debe figurar o nome e apelidos dos participantes (dos dous) e a súa procedencia. En arquivo á parte INCLUIRASE O TEXTO ELIXIDO PARA A MOSTRA E O TÍTULO, ADEMAIS DUNHA BREVE RESEÑA BIOGRÁFICA (de consideralo oportuno).
7. Realizarase unha reportaxe fotográfica e unha gravación en vídeo da mostra que se publicarán na canle de Youtube do blog e en número especial da súa revista.
Xaneiro 2025
A mostra comeza coa introdución do acto a cargo de Pilar Freitas e Manuel Lastra, profesores xubilados de Lingua Galega e Literatura e pertencentes ao colecivo DE VELLA A BELLA, tras a cal darán paso á:
1ª actuación musical de Clara Pino e Pablo Vidal que interpretarán: NACÍN SOA
1ª parella: Ana Isabel Prol e Adrián Márquez Prol: SILENCIOS (Pontevedra) * actuación especial
2ª parella: Fina Casalderrey e Antón Sobral: PAISAXE DE INVERNO
3ª parella: Queco Fresco e Mari Carmen Cacabelos ( do Grove) poema : PREGÚNTOME SE SOMOS CÓMPLICES.
4ª parella: Ana Corzo e Nila Álvarez Pousa (de Pontevedra e Vigo, respectivamente), poema: EU NON SABÍA.
5ª parella: Elisabeth Oliveira e Anxo González Guerra ( de Pontevedra), poema: AO CONTRARIO DE NERUDA.
6ª parella: Benito Piñeiro e Carmen Quinteiro (de Marín e Pontevedra) poema: BATEA.
Segunda actuación musical: Clara Pino e Pablo Vidal interpretan: ALALÁ DO VIQUINGO
7ª parella: Ana Belén Corbacho e Laura Santiago, (Pontevedra) poema: ENTRE FENDAS E SOMBRAS.
8ª parella: Toño Núñez e Juncal Martínez, (de Lugo) poema: MEU PAI É COMUNISTA.
9ª parella: Adela Martínez (Pontevedra) e Dory Serrano (Baiona), poema: MAIO
10ªparella: Clara Pino e Pablo Vidal (Vilagarcía), poema: A MUIÑEIRA
11ª parella: Silvia Figueiras Dovalo e Jesús Casal Piñeiro (Sanxenxo), poema: SE SOUBERAS
12ª parella: Elena Lameiro e Aarón Franco ( de Marín), poema: DIÁLOGO
13ª parella: Enrique Piñeiro e Pepi Bargiela (Pontevedra), poema: ANDANTINO.
14ª e última parella: Charo Valcárcel e Ana Santos (Pontevedra), poema: ESES NENOS
Pilar Freitas e Manuel Lastra despiden o acto que se pecha coa actuación de: Clara Pino e Pablo Vidal que interpretarán: SON COUSAS QUE SE VAN e SAN SIMÓN
Enlaces de prensa:
Pontevedraviva Catorce parellas protagonizarán unha nova edición da mostra poética ‘Versos a dúas voces’
Faro de Vigo O Museo acolle a mostra poética Versos a dúas voces
Faro de Vigo Mostra poética colectiva no Museo

Charo Valcárcel Mato
Profesora de lingua galega
Eu son Charo Valcárcel. Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…
Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.
No Valle Inclán coñecín a Ana, Manuel, Isidro, Benito e Sara que, considero, máis que compañeiros, amigos, bos amigos. Xuntos compartimos moitas experiencias.
Agora esta na que nos implicou Ana que, polo menos para min, é un salvavidas, un incentivo que chega para encher o oco que deixa o ensino nas nosas vidas.
Pero tamén formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.
Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.
máis artigos
Actividades culturais do 28 de abril ao 4 de Maio por Ana Santos
by Ana | Abril 27, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 21 ao 27 de Abril por Ana Santos
by Ana | Abril 20, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 14 ao 20 de abril 2025 por Ana Santos
by Ana | Abril 13, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades Culturais do 7 ao 13 de Abril por Ana Santos
by Ana | Abril 6, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 31 de Marzo ao 6 de Abril por Ana Santos
by Ana | Marzo 30, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 24 ao 30 de marzo por Ana Santos Solla
by Ana | Marzo 23, 2025 | Actividades | 0 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 1 Comment
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Anxo da Ferreira por Ana Santos Solla
by Ana | Xuño 23, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Marigel Pérez García por Ana Santos Solla
by Ana | Maio 5, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Barbeiro de sábado de Castelao por Xosé Antonio Pérez Graña
by Xose Antonio Pérez Graña | Abril 27, 2025 | Literarias | 0 Comments
A Peneda Cabezuda luguesa por Anxo González Guerra
by Colaborador | Abril 27, 2025 | Articulos | 0 Comments
Un rapaz que sería quen… de Castelao por Marcos Seixo
by Marcos Seixo | Abril 20, 2025 | Literarias | 0 Comments
Terra prometida por Isidro Cortizo del Río
by Isidro | Abril 20, 2025 | Artísticas | 0 Comments