Devellabella.com coa colaboración do Ateneo de Pontevedra organiza a
III MOSTRA POÉTICA
VERSOS A DÚAS VOCES
que terá lugar o Sábado 14 de marzo de 2026 ás 12:00 horas no Museo de Pontevedra, contribuíndo á celebración do Día Mundial da Poesía.
Bases:
1. Poderán participar todos os autores que queiran coa única condición de que os versos elixidos estean en galego ou portugués. Non haberá limitación por idade, aínda que dada a natureza do blog devellabella.com animamos especialmente os autores de +60 .
2. A mostra consistirá no recitado, declamado ou performance por parellas dun único poema ou fragmento, xa existente ou elaborado para a ocasión, e que deberá ser como mínimo da autoría dun dos participantes.
3. Un mesmo poeta ou acompañante non poderá formar parte de máis de un recitado.
4. A actuación contará cun tempo límite de dous minutos, que non deberá sobrepasarse dada a importancia que ten cara ao desenvolvemento do acto, co fin de manter unha necesaria ecuanimidade na intervención de cada parella.
5. O acompañamento musical só será posible se os participantes interesados dispoñen de tal acompañamento en directo, en ningún caso cunha gravación, debido aos problemas técnicos que tal posibilidade adoita carrear.
6. As actuacións realizaranse en persoa o día da celebración do acto. Tampouco se aceptarán, nesta nova convocatoria, gravacións en vídeo das mesmas.
7. O tema dos versos será libre, evitando, iso si, contidos inadecuados ou ferintes por insultos, vexacións, etc. en cuxo caso serían rexeitados polas entidades convocantes.
8. A inscrición realizarase con anterioridade ao 28 de febreiro de 2026 no correo devellabella@gmail.com indicando no ASUNTO: VERSOS A DÚAS VOCES. No corpo da mensaxe debe figurar o nome e apelidos dos participantes (dos dous) e a súa procedencia. En arquivo á parte INCLUIRASE O TEXTO ELIXIDO PARA A MOSTRA E O TÍTULO, ADEMAIS DUNHA BREVE RESEÑA BIOGRÁFICA (de consideralo oportuno).
9. Realizarase unha reportaxe fotográfica e unha gravación en vídeo da mostra que se publicarán na canle de Youtube do blog e en número especial da súa revista.
Xaneiro 2026
Presentación a cargo de Gloria García e Manuel Lastra
Actuación musical: Migui Carballido (Buzuki) Cibrán Seixo (Violín) e Marcos Seixo (Zanfona)
Fotografía e Vídeo: Manolo Reboiras
1ª Actuación musical: Un longo camiño branco de Iacobus Magnus de Milladoiro
Poemas e poetas
Enrique Piñeiro e Pepi Bargiela “Unha randeeira” de Enrique Piñeiro
Xaime Toxo e Ana Santos “ Pescadoira” de Xaime Toxo
Adriana de Vargas e Joan Manel García “A suma de dous mundos” de Adriana de Vargas
Benito Piñeiro e Fita Sanjorge “Crecemento” de Benito Piñeiro.
Queco Fresco e M Carmen Cacabelos “Os despoxos da vida” de Queco Fresco
2ª Actuación musical: Bourré (Francesa) de Jean Blanchard
Aaron Franco e Elena Lameiro “Fendas” de Aarón Franco
Adela Martinez e Dori Serrano “Luceriño” de Dori Serrano
Ana Corzo e Nila Álvarez “Cántame amor” de Ana Corzo
Graça Foles e Teresa Melo “Entre o sonho e a realidade” de Graça Foles
Elisabeth Oliveira e Alfonso Cuadros “Un bo lugar para a poesía” de Alfonso Cuadros
Charo Valcárcel e Iria Morgade “Carautas” de Charo Valcárcel
3ª Actuación musical: Suite: Alborada de Verín e Pas d’été

Charo Valcárcel Mato
Profesora de lingua galega
Eu son Charo Valcárcel. Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…
Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.
No Valle Inclán coñecín a Ana, Manuel, Isidro, Benito e Sara que, considero, máis que compañeiros, amigos, bos amigos. Xuntos compartimos moitas experiencias.
Agora esta na que nos implicou Ana que, polo menos para min, é un salvavidas, un incentivo que chega para encher o oco que deixa o ensino nas nosas vidas.
Pero tamén formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.
Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.
máis artigos
Actividades culturais do 2 ao 8 de Novembro por Ana Santos
by Ana | Novembro 1, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 26 ao 31 de Outubro 2026 en Pontevedra
by Ana | Outubro 25, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 19 ao 25 de outubro 2026 por Ana Santos
by Ana | Outubro 18, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 12 ao 18 de Outubro por Ana Santos
by Ana | Outubro 11, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 5 ao 11 de outubro por Ana Santos
by Ana | Outubro 4, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 28 de setembro ao 4 de outubro
by Ana | Setembro 27, 2026 | Actividades | 0 Comments
Nieves Loperena de Sáa por Ana Santos
by Ana | Novembro 1, 2026 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Rodríguez Vázquez por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 18, 2026 | Historias de vida | 0 Comments
Pedro Ayuso Sierra por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 4, 2026 | Historias de vida | 0 Comments
Marisa Sánchez Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 20, 2026 | Historias de vida | 0 Comments
Rosa María López Lorenzo por Ana Santos
by Ana | Setembro 6, 2026 | Historias de vida | 0 Comments
Lola Fontán Fernández-a Xenxa- por Ana Santos
by Ana | Decembro 16, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Impresiones del Camino de Santiago por Luis P. Molano
by Colaborador | Novembro 1, 2026 | Articulos | 0 Comments
Nieves Loperena de Sáa por Ana Santos
by Ana | Novembro 1, 2026 | Historias de vida | 0 Comments
Octubre por Marina Filgueira García
by Colaborador | Outubro 25, 2026 | Literarias | 0 Comments