1. Rory Gallagher (1948-1995)
A dama tatuada levoute cedo
ao walhalla bárbaro onde tronan guitarras
bordando o máis fero blues before sunrise
mentres deusas negras mostran os seus encantos
e escancían hidromel para os perdedores
así na terra como en irlanda
ningún santoral do rock feito negocio
recollerá a efeméride efémera do teu pasamento
como un mesmo a necrolóxica con retraso
o sabor da túa fender esportillada nos bafles
a million miles away viaxando coa mente
lembrando a mornura das horas fuxidas
os amores ausentes e os soños gastados
against the grain
cedo de máis
eat my words
chorarás se non cantas.

2. Muiredach Cross
And may these characters remain
When all is ruin again
W.B. Yeats
Aprétanse as figuras na quentura do abrazo
Cruz e circo estruturas que defenden do alleo
Coordenadas precisas superficie dos límites
Hai moito de cerne elemental na pedra
De antigas esencias códigos perdidos
Xamais descifrados. Nada é tan sinxelo
Como a maxia a historia podería dicilo
Negación da evidencia. O cruceiro espido
Resiste á erosión do tempo e das palabras
As formas familiares como outrora nosas
Furan polos ollos. Onde están as mans
Que te agarimaron marcando o seu selo?
Testemuña inerte. Aínda nos conmoves.

3. Cliffs of Mohel
Debruzados no abismo na vertical do ensoño
Baixo de nós o océano coa fondura do tempo
Soidade e tres mil millas de auga
Tras a tumba de Yeats. Mergullan os mascatos
Derradeira fisterra no azul aberto
Como unha ferida que sanga proe o mar
Na banda de alén tampouco é a liberdade
A vertixe fai acenos nunha escura chamada
É océano a verdade sobrepasando os muros
Fóra da finitude onde nos apertamos
Para non ver onde imos. Precario abrigadoiro.

4. Inis Oírr
Suspensas son as illas tan perto de ningures
Nin concibirse pode non sendo neste mar
Os valados tenzados como formas da ausencia
Sobre o verde acedo da herba do confín
Os corraughs na area sapoconchos varados
Ningunha árbore onde asentar a néboa
Como quen arribase á morada do esquezo
Eiquí morreu o tempo abatido das ondas
Da cobiza do vento e as raíces dos homes
Que fixeron Aran e deron nome ás cousas
Das mulleres que paren e rezan. Fuxiron e voltan
Sequera a morrer a estas illas das illas
Tornan mortos se cadra. Pero todos retornan
Onte e hoxe. Non mudan. Non teñen outra patria
Fóra destes penedos. Tampouco nós a temos
Tan estraño todo e coñecido a un tempo.


Ramón Caride Ogando
Profesor de Bioloxía, escritor
Ramón Caride Ogando naceu en Cea, Galicia, en 1957. Estudou Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela e traballou como profesor de secundaria. É un prolífico escritor que cultivou diversos xéneros como a poesía, a narrativa para nenos e adultos e o ensaio. Escribe en galego, e a súa primeira obra narrativa publicouse en 1990, “Os ollos da noite. Algunhas das súas obras traducíronse ao castelán como Perigo vertical, O futuro roubado, Ameaza na Antártida ou O frío azul. Pola súa produción de literatura infantil e xuvenil, o autor galego foi recoñecido co Premio Merlín. Tamén se fixo con premios como “Risco ou Café Dublín”, polas súas novelas. É un dos fundadores da revista A Santa Compaña de Cambados(segunda época) e colaborou como columnista en El Mundo, Faro de Vigo ou O Correo Galego.
“No 2017 xubilouse do ensino formal, da escrita por agora aínda non”
máis artigos
Actividades culturais do 10 ao 16 de febreiro 2025 por Ana Santos
by Ana | Febreiro 9, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 3 ao 9 de Febreiro 2025 por Ana Santos
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 27 de xaneiro ao 2 de febreiro
by Ana | Xaneiro 26, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 20 ao 26 de Xaneiro por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 19, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 13 ao 19 de xaneiro 2025 por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 12, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 16 ao 22 de Decembro por Ana Santos
by Ana | Decembro 15, 2024 | Actividades | 0 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 1 Comment
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Anxo da Ferreira por Ana Santos Solla
by Ana | Xuño 23, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Marigel Pérez García por Ana Santos Solla
by Ana | Maio 5, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Servizo de mesa en tempos de guerra por Isidro Cortizo del Río
by Isidro | Febreiro 9, 2025 | Artísticas | 0 Comments
Chucho das Rabadeiras por Manolo Gulías Márquez
by Colaborador | Febreiro 2, 2025 | Literarias | 0 Comments
Sempre en Galiza de Castelao…. por Pilar Freitas Juvino
by Pilar Freitas | Xaneiro 26, 2025 | Etnografía | 0 Comments