por Isidro Cortizo

A guitarra é un instrumento que tendemos a asociar, de forma case inmediata, coa cultura do sur de Iberia, vinculada ao flamenco e a música influenciada por él como a de Falla ou Joaquín Rodrigo; se acaso, podemos pensar no Fado portugués cos seus “violáos.”
Figura de mulher com guitarra. Santiago do Deão. Póvoa do Caraminhal da portada de Guitarra Galega Vol. 1 de Isabel Rei Sanmartín. Figura barroca S. XVII – XVIII
Isabel Rei Sanmartín, intérprete de guitarra e profesora no Conservatorio profesional de Santiago de Compostela, realiza un estudo exhaustivo da presencia deste instrumento na nosa música tradicional na súa tese de doutoramento “A guitarra na Galiza”.
A través do seguinte enlace pódese afondar no seu interesante traballo.

A guitarra na Galiza é estudada, num senso amplo, desde os seus antecedentes até ao século XIX. A sua história, a obra dos guitarristas galegos, a sua relação com outros guitarristas espanhóis e portugueses, a atividade concertística, as principais fontes de música para guitarra conservadas na Galiza, a sua inserção social na burguesia bem como a guitarra popular e os agrupamentos guitarrísticos galegos, a música de câmara com guitarra e a didática do instrumento centrando a atenção no século XIX. É um relato histórico de visão ampla, salpicado de análises que ajudam a contextualizar os processos sociais que influíram no uso da guitarra/viola e a sua família de instrumentos na nossa terra. Resumo da súa tese
E como mostra da convivencia da guitarra e a música tradicional galega, aquí vai unha interpretación da “Eu de Marín ausenteime” por parte de Isidro Cortizo del Río.
( Arranxos do interprete.).

Isidro Cortizo del Río
Profesor de debuxo
Nacín en Bueu hai 60 anos, licencieime na facultade de Belas Artes San Carlos en Valencia, traballei no IES Valle Inclán impartindo clase de debuxo técnico e colaborando co grupo de teatro Argallada facendo os decorados.
Este ano xubileime e dedícome a facer as cousas que máis me gustan, como viaxar, cociñar e xogar ao xadrez.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥