Hoxe traémosche unha receita tradicional, galega, moi fácil de facer: Leite frito ideal para unha sobremesa ou merenda. Velaquí che deixamos os ingredientes, a preparación paso a paso… e o vídeo para que non perdas detalle!

Porcións

10

Listo en:

20 minutos+ repouso

Ideal para:

Sobremesa

Ingredientes

  • 200 g de azucre
  • 6 xemas de ovo
  • 1 litro de leite enteira
  • 1 pao de canela
  • 100 g de fariña de maíz (maicena)
  • Unha códea de laranxa sen a parte branca
  • ovo e fariña para rebozar
  • aceite para fritir

Preparación

  1. Pon a ferver o leite coa códea de laranxa e o pao de canela, retira antes de ferver media taza.
  2. Mestura a fariña co azucre e as xemas, engade o leite que retiraches (non pode estar quente).
  3. Cando ferva o leite, retira a códea de laranxa e o pao de canela.
  4. Bota pouco a pouco a mestura dos ovos no leite quente e remexe rápido cunha culler de pao.
  5. Cando a mezcla se despegue da pota xa está.
  6. Nun molde cadrado e húmedo verte a mestura e deixa enfriar a lo menos 5 horas.
  7. Reboza primeiro en fariña (pode ser de trigo ou maiz) e logo en ovo, frite en aceite quente.
ingredientes leite frito
Leite frito
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de E.F.

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Galletas de millo

Rolo de carne frio

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥