O día 17  de maio celébrase o día das letras galegas, este ano adicado a Luísa Villalta

Manuel Lastra, Marcos Seixo, José Antonio Pérez e Sara Valenzuela recitan algúns dos seus poemas.

RUÍDO 1995 – Manuel Lastra

TODO canta unha paz de paraíso

Eternízan-se os relóxios das árbores nas pedras

ante a monotonía aberta, antes as xanelas.

O silencio desperta dun eco de lustros

a facer-se rio, peixe, alegría

e logo lama na boca dunha sede insaciábel.

O minuto está denso, coagulado de conciéncia,

prendido ao cano das artérias detén-se avaramente,

aferrado á superficie do planeta.

Este balcón que se abana sobre un mundo de imundícia.

Música reservada (1991) – Marcos

Entanto a hora do silencio

consome este día imóvel,

quen soña en min con tanto ruído?

Quen me viaxa desde tan dentro

que xeme na procura das palabras?

O mar chama con riso desdentado

ao espectáculo da noite

rítmica que me vive.

Doi e doerá-me

o seu son até o estrépito

mais que non pare:

entre cada latido que dilata

entrevé-se a eternidade.

Poemario: EN CONCRETO (2024) Jose A. Pérez Graña.

ISTO non soña a súa invención

nen sequer é o soño real que ninguén inventase

Isto é tremor de trades nos dedos

no empeño de construír a miña morada no reverso das rúas

a sesgo do pouso pausado da sombra

sobre un río de signos na memoria do asfalto.

Poemario: RUIDO(1995). Sara Valenzuela

As redes da

Inmortalidade

recollen o cardume

do medo:

cada día somos

superviventes

ou alimento

para os que

sobreviven

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥