Anxo González Guerra nesta 6 lição fálanos da Lusofonía

A lusofonía é o conxunto de países que teñen como lingua oficial o portugués, que é lingua oficial en nove países: Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guinea- Bissau, Angola, Mozambique, Guinea Ecuatorial, San Tomé e Príncipe e Timor Oriental.

Por iso, é necesario fomentar o ensino e a aprendizaxe do portugués, co obxectivo, entre outros, de que empresas e institucións aproveiten a nosa vantaxe lingüística, xa que o galego, polo feito de ser intercomprensible co portugués, outorga importantes beneficios en moitas vertentes, concretamente na cultural, pero tamén na económica, e concédenos, por tanto, unha gran proxección internacional. Conscientes das devanditas vantaxes, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía.

Anxo González Guerra

Anxo González Guerra

Profesor de Galego

Son Anxo González Guerra. Crieme entre Trasar de Carballo e a Cervela, lugares da montaña luguesa. No Seminario tiven de profesor ao mestre das etimoloxías Nicandro Ares, no Instituto a Alonso Montero, no Colexio Universitario a Anxo Tarrío e na Facultade de Filoloxía a Carvalho Calero. Terán algo que ver en que sexa un dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués?

De xaneiro de 1980 a abril de 2015 fun profesor de Lingua Galega e Literatura no IES Sánchez Cantón onde tiven alumnos e alumnas marabillosos. Desde 2005 Vitoria Ogando e mais eu fomos poñendo materiais na Internet: ogalego.eu. E seguimos de xubilados.

Alá na miña terra da infancia aos xubilados dáselles por traballar unha ribeira ou un morteiro. A min dáseme por cousas de lingua e literatura, alí onde queiran escoitarme. A cabeza non para, non convén estar ocioso.

Viaxar a Portugal

Liçao 5

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥