Nunha destas aburridas tardes de verán sentado fronte ao televisor sen prestar practicamente atención, entrevín un plano secuencia que se facía longo e mostraba algúns cadros. Resultou ser unha reportaxe de Informe Semanal feito por Carlos del Amor e dito plano duraba 12 minutos e medio. Inmediatamente fixeime que a reportaxe trataba dunha exposición temporal do Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, dedicado a mulleres pintoras con obras que abarcan dende finais do século XVI ata a primeira década do século XX.
Un instante despois fun mirar en Internet a páxina do Museo Thyssen-Bornemisza para obter información da exposición e para a miña frustración, esta xa rematara; foi do 31 de outubro de 2023 ao 4 de febreiro de 2024. Tan impresionante foi ir buscando información que me pareceu de sumo interese facer una pequeno resumo dela para pracer dos “jubiletas” e de calquera que visite a nosa web ou descargue a nosa revista on line. Como consolación podemos facer unha visita virtual a exposición no seguinte enlace.
“Artistas robadas, olvidadas, ninguneadas, menospreciadas, infantilizadas, ocultadas, silenciadas, borradas. La lista de adjetivos con los que describir la sangrante ausencia de mujeres en la historia del arte es inagotable”. Así comeza o recomendable artigo de Laura García Higueras en elDiario, recomedable de principio a fin.
Tan importante e interesante foi a exposición que mereceu comentarios no xornal The Guardian e unha versión reducida da mostra puido verse no Arp Museum Bahnhof Rolandseck de Remagen (Alemania) do 25 de febrero ao 16 de xuño de 2024.e
A exposición MAESTRAS consta duns cen cadros de setenta pintoras, moitas delas enumeradas en varios medios e internet: Artemisia Gentileschi, Lavinia Fontana, Elisabetta Sirani, Angelica Kauffmann, Clara Peeters, Victoria Martín, Rosa Bonheur, Mary Cassat, Berthe Morisot, María Blanchard o Sonia Delaunay, Jacqueline Marval, Natalia Goncharova, Frida Kahlo ou Maruja Mallo. É un largo e moi valioso etcétera de creadoras que merecen o espazo e recoñecemento que nunca tiveron.
Gentileschi_judith
Clara_Peeters_-_Mesa
Victoria Martín de Campo
Frida-Khalo
Maruja Mallo Verbena
A exposición tivo oito seccións:
Sororidad/ La causa delle donne (A causa das mulleres). Son pinturas de historia de figuras mitolóxicas, heroínas bíblicas e personaxes históricos como Judit, Yael, Susana e Porcia. Desta época son as pintoras Lavinia Fontana, Fede Galizia, Artemisia Gentileschi e Elisabetta Sirani.
Botánicas, coñecedoras de marabillas. Pintoras e ilustradoras formadas xunto a científicos que empezan a utilizar o microscopio, e interesadas pola entomoloxía, como Fede Galizia e Giovanna Garzoni en Italia e as irmás Rachel e Anna Ruysch en Holanda. Tamén Maria Moninckx, Maria Sibylla Merian e a súa filla Johanna Helena Herolt.
Ilustradas e académicas. Son as pinturas da Ilustración, o espertar das mulleres como cidadáns. Pintoras como Élisabeth Vigée-Le Brun, Adélaïde Labille-Guiard, Angelica Kauffmann, e escultoras como Marie-Anne Collot e Anne Seymour Damer.
Orientalismo/Costumbrismo. No período colonial mírase outras culturas. Rosa Bonheur, Henriette Browne e Alejandrina Gessler.
Traballos e coidados. Pinturas de mulleres traballando, labores domésticas, coidados de enfermos, oficios. Pintoras: Alice Havers, Eloísa Garnelo, Marie Petiet, Lluïsa Vidal, Henriette Browne, Victoria Malinowska, Elizabeth Sparhawk-Jones.
Novas maternidades. Mary Cassatt, Elizabeth Nourse, Paula Modersohn-Becker, Tamara de Lempicka, Suzanne Valadon, as finlandesas Helene Schjerfbeck e Elin Danielson-Gambogi, a danesa Anna Ancher e a sevillana María Luisa Puiggener e a escultora Käthe Kollwitz.
Sororidad II. Complicidades. O pensar, o falar, o compartir. As impresionistas Berthe Morisot, Marie Bracquemond, Louise Breslau e Cecilia Beaux e a escultora Marie Cazin.
Emancipadas. É a época do sufraxio. Helene Funke, Mary Cassatt, Jacqueline Marval, Camille Claudel, Marie Laurencin, María Blanchard e Natalia Goncharova. As modernas Sonia Delaunay e Alice Bailly. Escenas populares, como las Verbenas de Maruja Mallo,
A exposición é a primeira gran mostra enmarcada no proceso de redefinición feminista que o Museo Thyssen está realizando nos últimos anos. Seguindo esta tendencia xa houbo dúas exposicións temporais: Stephanie Comilang (En busca de la vida) (do 5 de marzo ao 26 de maio de 2024, a de Rosario de Velasco (do 18 de xuño ao 15 de setembro de 2024). A continuación vai haber dúas exposicións máis: a de Tabita Rezaire (Nebulosa de la calabaza) (do 8 de outubro 2024 ao 12 de xaneiro de 2025) e a de Gabriele Münter, expresionista (do 12 de novembro de 2024 ao 9 de febreiro de 2025).
Webgrafía e bibliografía:
https://es.wikipedia.org/wiki/Plano_secuencia
https://www.rtve.es/play/videos/informe-semanal/maestras-femenino-plural/7004376/
https://www.museothyssen.org/exposiciones/maestras
https://www.museothyssen.org/thyssenmultimedia/visitas-virtuales/maestras
https://www.rtve.es/noticias/20231102/maestras-da-lecciones-arte-feminismo-thyssen/2459675.shtml
Rubayo, Sara & Gállego, Ana. Pintoras. Vol. I: Del siglo VI a. C. al XVII. Ed. Planeta, S. A., 2024
Rubayo, Sara & Gállego, Ana. Pintoras. Vol. II: Siglo XVIII. Ed. Planeta, S. A., 2024
Xosé Antonio Pérez Graña
Profesor de inglés
Naceronme en Cotobade no 1952. Estudei Maxisterio (por inglés) e Psicoloxia. Traballei durante 37 anos no ensino, rematando a miña vida laboral no IES Valle Inclán, onde formei parte do grupo de teatro Argallada. Encargueime tamén da revista anual do Instituto. Nesta nova etapa, adicareime a recompilar artigos e actividades da nosa Web para facer unha revista-resume cada mes.
máis artigos
Actividades culturais do 2 ao 8 de Decembro por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 25 de Novembro ao 1 de Decembro por Ana Santos
by Ana | Novembro 24, 2024 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 18 ao 24 de Novembro por Ana Santos
by Ana | Novembro 17, 2024 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 11 ao 17 de Novembro por Ana Santos
by Ana | Novembro 10, 2024 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 4 ao 10 de Novembro por Ana Santos
by Ana | Novembro 3, 2024 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 28 de outubro ao 3 de Novembro
by Ana | Outubro 27, 2024 | Actividades | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 1 Comment
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Anxo da Ferreira por Ana Santos Solla
by Ana | Xuño 23, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Marigel Pérez García por Ana Santos Solla
by Ana | Maio 5, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Víctor Pedreira Crespo por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 14, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
A Bisavoa por Manolo Gulías Márquez
by Colaborador | Novembro 17, 2024 | Literarias | 0 Comments
A xuventude, o gran tesouro por Jose Solla Casqueiro
by Colaborador | Novembro 17, 2024 | Fotográficas | 0 Comments