“Máis de tres décadas de “Xuntanza” entre mulleres en Fornelos de Montes”

A cita quincenal co colectivo pontevedrés “De Vella a Bella” trae hoxe á nosa radio +60 á Asociación Cultural A Xuntanza de Fornelos de Montes. Coñecemos a orixe, hai máis de 30 anos, e o seu traballo actual.

 Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a sección con Susana Pedreira e De Vella a Bella no programa Máis de Un Pontevedra de Onda Cero.

Mulleres de Fornelos
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥