Pilar Braga Crespo

MANEO DA COXA

Aghora que me vai dando

O pelo pola cintura

Xa lle digho miña naie-e

 Eu marcho xa non son súa

Ai lalalá la la la laaa

 Ai lalalá la la la laaa

 Retrouso

 Tira boi, tira vaca, tira galiña

Os rapaces de agora teñen morriña

 Teñen morriña nena, teñen morriña

 Tira boi, tira vaca, tira galiña

 Ven aquí que che eu direi

A causa de eu ser morena

Estou adourando o sol-e

Que cos seus raios me queima

Ai lalalá… RETROUSO

 Non quero nada do dado

Que o dado algo requer

Pidireino emprestado

Pagarei cando poider

Ai lalalá… RETROUSO

Salgueiro prende de póla

Amieiro de raís-e

Amores que ides nacendo

 Vinde todos para min-e

ai si si, ai no no,

 aquí está a xente na festa,

 ai si si. RETROUSO (3)

Pilar Braga Crespo

Pilar Braga Crespo

Mestra

Pilar, mestra xubilada e ocupada

Historia de vida

Que nunca foi abalada

O Caíño

O burro da tía Lola

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥