Manolo era profesor cando eu estudaba no Valle Inclán, despois foi o meu compañeiro de profesión durante moitos anos. Coincidimos nunha viaxe a Mallorca no ano 1986, ano no que eu entrei  a traballar no Valle.

Naceu  en 1946 en Fornelas, unha aldea do Concello de Pobra de Brollóns, en Lugo.  Quinto de oito irmáns, pasou a súa infancia na aldea indo á escola de Fornelas e logo ao Seminario de Lugo, onde ingresou con 13 anos, os cinco primeiros no Seminario menor, estudando latín e humanidades e tres no maior, estudando filosofía.  Despois marchou a Salamanca a estudar teoloxía durante un ano. A miña ignorancia fai que lle pregunte se ía para cura, ao que me contesta que indubidabelmente que si, que lonxe de ser unha vocación era unha profesión.

Continúa os seus estudos en Salamanca licenciándose en Filosofía e letras, cando volve a Galicia empeza a traballar no Carballiño no ano 1970, despois en Lugo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes durante tres anos e xa , unha vez aprobadas as oposicións, trasládase a vivir a Pontevedra, destinado no IES Valle Inclán. Di que quixo vir a Pontevedra porque lle fascinaba a cidade, a súa arquitectura, a cultura… todo menos o feito de que abriran a fábrica de celulosas. No instituto estivo ata  a súa xubilación con 62 anos, decisión que tomou sobre todo por dous motivos, o máis importante era que vía que a xuventude estaba no paro e os vellos traballando; e o segundo que as tecnoloxías estaban evolucionando e a distancia ideolóxica co alumnado ía aumentando.

Cóntame que non supuxo ningún trauma xubilarse, é máis, tiña moi claro o que debía facer a partir de entón:

  1. Cultivarse intelectualmente por medio da lectura, o teatro e a escritura.
  2. Manter as relacións sociais acudindo a eventos
  3. Seguir facendo deporte

Outros profesores xubilados e mais el  crearon un grupo de teatro, dedicándolle dous días por semana aos ensaios.

Cíta unha frase do Quijote que dirixíndose a Sancho dille: “Recuerda amigo Sancho la salud se cocina en el estómago

Manolo Ayán Díaz

Procura ler diariamente e por suposto o deporte acompáñao sempre, empezou  cuns atletas, logo no ximnasio, onde ademais de correr facía natación e pesas, polo menos hora e media diaria, claro que isto antes de que irrompese a covid nas nosas vidas.

En canto á alimentación considera que mellorou xa que planifica o que vai  comer semanalmente e cóidase bastante. Cítame unha frase do Quijote que dirixíndose a Sancho dille: “Recuerda amigo Sancho la salud se cocina en el estómago

Non lle gusta viaxar, quizais, di, porque xa o fixo  demasiado. Queda cunha viaxe  ao Xapón e a impresión que lle produciu visitar Hirosima, onde o máis antigo que había tiña 40 anos, a devastación deixouno moi marcado.

Manolo ten un neto, xa adolescente, e confésame que como avó é desenfadado e intenta educalo no contrario do que fan os demais, dimo coa súa habitual retranca e ponme un exemplo: se lle pide cinco euros contéstalle que se é para condóns, si.

Pregúntolle por libros que lle gustaran e fálame de tres: Cien años de soledad de García Márquez, El mundo al revés y el libro de los abrazos de Eduardo Galeano

Pídolle que me diga unha película ou serie de televisión, a resposta é Raíces, sobre a discriminación racial.

Na televisión ve os informativos, El intermedio e algún programa máis, na radio só escoita música nunha emisora galega.

 

Se tivera ao alcalde diante diríalle que lle gustaría que quitase ese olor persoal (referíndose a Celulosas), pero a petición máis importante, que xa o meu pai demandaba, é a de que poñan urinarios públicos en diferentes lugares da cidade. A poboación maior vai en aumento e considérao vital.

Un café que lle gusta moito é o Carabela, onde nos encontramos agora,  e para comer ou picar O Saudade na rúa Princesa.

Despídome  de Manolo que continúa o seu paseo pola cidade.

Gustoume falar con el e quedo cos seus tres puntos a realizar: cultivarse, relacións sociais e deporte.

Grazas polo teu tempo, Manolo, vémonos calquera día á tardiña.

 

Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Carmen González Lantaño

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥