Marina  e mais eu compartimos, á parte da nosa profesión como profesoras de Educación física, os nosos bisavós que eran irmáns, Juan e Josefa Santos Garrido, nados na rúa da Oliva, conforman unha árbore xenealóxica cun tronco común. Josefa casou con Joaquin Bravo Rial e tiveron a Peregrina Bravo Santos que casou en 1901 con José de Sáa Cuñarro de Lalín, tiveron 13 fillos, un deles, Manuel de Sáa Bravo, seu pai, casou con Marina González Abeigón, a súa nai, de Ribadumia, que eran 16 irmáns.

Peregrina Bravo Santos
Peregrina Bravo Santos
pais de Marina
Manuel de Sáa e Marina González

Marina de Sáa González naceu en Barrantes no concello de Ribadumia no ano 1947, filla de Marina González Abeigón e Manuel de Sáa Bravo de Pontevedra.

Os seus pais coñecéronse en Pontevedra, el era taxista no garaxe Miranda e ela traballaba na pastelería de Prieto, coñeceuna nun baile, logo ela marcha para Vigo a traballar de neneira e volvendo soamente as fins de semana. Casaron en Ribadumia, tiveron 4 fillos, ela, Marina, é a máis vella.

Non foi á escola ata os 5 anos, pero xa sabía ler e escribir, nas Calasancias recorda os recreos na praza de Méndez Núñez, o magnolio, a súa clase encima do arco, alí estivo dous anos, aos 7 marchou ao colexio Buela, que era mixto, e alí ficou ata os 10 preparando o ingreso, deulle clase Dona Teresa e D. Ignacio. Sempre lle gustaron máis as ciencias que as letras.

 Pasou ao instituto en 1957, foron os seus profesores, Noya, Marcelino, Antonio Lino de francés, Mercedes Silva (Corrosca), en 4º tivo a Marisol Matos en EF,  aí empezaron a facer baloncesto na parte de atrás do instituto e nas galerías Oliva nunha especie de ximnasio que alí había, o seu campo de xogos era o verxel onde está hoxe o Sánchez Cantón, ían con pololos e saia, para xogar a baloncesto fixéronlle un uniforme enteiro como tenistas con pololos por debaixo

Uniforme de baloncesto 1961
Uniforme de baloncesto 1961, 1ª da dereita
Equipo de baloncesto Marina
Equipo de baloncesto, Marina 1ª a esquerda agachada
balonmano, el vergel
Equipo de balonmán, Marina coa pelota Ano 1963 Zamora
balonman
Equipo de Balomán do instituto, Marina 1ª a esquerda agachada- 1963

Ata 5º  o instituto foi feminino, só en Debuxo e Grego había rapaces. Había unha competición no Nadal, na que debuxar unha escena, que tivese que ver con esta celebración, no encerado e facer un enxoval para un bebé que se doaba ao hospicio, era un concurso por aulas e dábanlles un premio, gañaron case sempre.

Festa dos encerados
Encerados no nadal
Encerados
Encerados no nadal
Nadal dos encerados 1961-62
Instituto 1962
No Instituto 1962

En 4º de bacharelato empezou nas  competicións escolares, lembra a viaxe do sector a Zamora. Ían  xogar balonmán con Corrosca como profesora, foi de adestrador Carlos, porque a profesora tiña que ir de delegada.

 Cando xogaban na casa pintaban as liñas do campo, menos cando era no Teucro que era de cemento. Decidiu quedar co balonmán. Eran as súas compañeiras Mili Paz, Alicia Outón, Tucha Portabales, Ana Conde.

Unha profesora que lle influíu foi Loli Tamames que lle daba labores e díxolle que debía ir a Madrid. Tiña 16 años, iso animouna a dicilo na casa onde tivo o apoio do pai, así que marchou a Madrid ao colexio Ruiz de Alda, tamén chamado La Almudena, de Galicia tamén ía Margarita Concepción Vidal e Josefina Martínez Gómez ambas de Vigo, aínda hoxe seguen a ser amigas.

“Algunha vez gustaríame coller o tren nunha estación, non nun apeadeiro”.

Marina de Sáa González

Aquilo fascinouna sobre todo ver o cambio de espazos e materiais que había para facer educación física;  a carreira eran 3 anos e reválida para ser profesora nacional de E.F.

Para ingresar na Escola, desde que se establece o Plan de tres anos, as aspirantes terán 16 anos cumpridos e menos de vinte e aprobados os estudos de Bacharelato Elemental, Maxisterio ou Peritaxe Mercantil, así como deberán realizar un exame de ingreso, ao que só poderán presentarse en dúas convocatorias, que constará das seguintes probas:

a) Exame Médico-Deportivo.

b) Probas de Aptitude Física.

c) Exame de Cultura Xeral.

d) Presentación dunha composición escrita de dez folios, na que se explique o porqué quere realizar estes estudos.

Tivo que facer probas de entrada: atletismo, aparatos ximnásticos, proba de ritmo etc.…

Entraron 42 mulleres de toda España, había tres especialidades; E.F., Ensinanzas do Fogar e Enfermería. Os homes ían estudar á Academia de mandos José Antonio e terminaban con dobre titulo: profesor e mestre de Educación Física.

 Tiña como materias, teoría da E.F., Fisioloxía, Anatomía, Psicoloxía, Ximnasia, Natación, Baloncesto, Balonmán, Atletismo, Voleibol etc…. Custoulle moito o atletismo e encantáballe o balonmán, o seu profesor era Domingo Bárcenas e logo Juan de Dios Román quen tamén foi o seu director da tesina, a primeira que dirixiu.

Ruiz de Alda
Escola Ruiz de Alda, A Almudena

Naquela época as mulleres tiñan prohibido deportes como o fútbol e a equitación, tampouco deportes de contacto como judo e boxeo etc.  Gustábanlle moito tamén a anatomía  e o voleibol, o profesor, Luis carrero, motivábaas moitísimo. Era un grupo o da súa clase moi unido, estaban internas na residencia, a fin de semana saían por Madrid, salvo que che tocara ser xefa de día, controlar as entradas e saídas, tocar as campás, apagar as luces, espertar as compañeiras etc…

 No 1º trimestre as galegas fixeron as maletas 3 veces, non soportaban no ver o mar, tiñan moita morriña, pero sempre as pillaban na porta, non viñeron ata Nadal. Coincidiron no mesmo cuarto tres galegas e dúas canarias, un mar polo medio.

 Cando viñeron no Nadal e viron o Miño choraron como nenas pequenas, logo xa se afixeron a estar en Madrid.

En Semana Santa tiñan que quedar para facer os exercicios espirituais. O uniforme era unha saia gris con camisa branca e chaqueta azul marino, para as clases short e camisetas e no derradeiro ano as mallas. En segundo tiñan un chándal de la para as clases de prácticas que facían en 2º e 3º, a ela tocoulle nun colexio e logo nun orfanato.

  En 2º e  3º tiñan esquí e ían a Navacerrada, tamén exhibicións de ximnasia nas que participaban varias escolas.

Esquí
Esquí
Navacerrada
Navacerrada 1965

Tiña moi claro a docencia e o balonmán era o seu deporte.

A súa  tesina de  fin de carreira titulábase: É o balonmán un deporte feminino?, tocoulle defendela diante dun psicólogo que era sacerdote, custoulle moito convencelo xa que ás mulleres non se lles permitían os deportes de moito contacto. Ano 1967.

 Cando chegou a Pontevedra a Sección Feminina ofrécelle traballar na Escola Normal (Pagaban 500 pesetas mes por 24 horas de clase pola mañá) e no Sagrado Corazón de Placeres (por 18 horas 2000 pesetas) traballaba todo o día coa incomodidade de coller o trole todos os días.

 En 3º de carreira empezou cun mozo que era de San Martin de Meis e coñecera no verán, xogaba ao fútbol, estaba na Coruña estudando Náutica, tivo un noivado de cartas.  No  67 empezou a traballar e casaron no  69.

Deixou a docencia un ano e incorporouse o curso seguinte, pero só na Escola de Maxisterio. Tiveron o agasallo de Pilar Primo de Rivera pasando a cobrar 11 mil pesetas igual que as materias de Debuxo e Música, as tres “marías”. A súa docencia eran 35 horas.

 Ese ano a Sección Feminina pediulle crear o Club Medina de balonmáns, había o Teucro de mozas, tivo a sorte de estar dando clase en Maxisterio e creou o equipo. Chus e Mari Carmen na portería, Merche, Paz, Mina, etc.….Con ese equipo no 71 celebrouse en Madrid o Campionato de Escolas Normais e as súas rapazas quedaron campioas. Suso Brea foi o adestrador porque ela tiña que ir de delegada.

campeonas de España
Os Campionas de España de Escolas Normais 1971

Ata o ano 1972 seguiu en Maxisterio e  deixou o equipo de balonmán.

Creouse a especialidade de mestre de E.F. e a licenciatura e deu durante dous anos Aprendizaxe e Desenvolvemento motor, Teoría da E.F. e Didáctica.

 Fixo os cursos de doutorado en 2007 antes de xubilarse. Había unha profe na Coruña, Claudina de Mena Rocha, que lle dixo “Marina tes que facer o doutorado antes de xubilarte, o seu compañeiro García Soidan díxolle “adiante” e foi o seu director de tese. O 16 de xullo leuna obtendo sobresaliente  cum laude e o 30 de setembro de 2007 xubilouse.. Estivo 40 anos na docencia.

 Xubilouse porque a universidade ofreceulle unha xubilación anticipada e tamén porque o marido xa estaba xubilado. Ten 4 fillos(2-2) e na súa familia son 9 os que seguiron a carreira de licenciados en E.F.,  o seu fillo David segue a súa estela.

Familia de Marina
Familia de Marina
diante do comercio
Os netos de José de Sáa diante do antigo comercio
Anos 20 en Pontevedra
Benito Corbal, anos 20, comercio de José de Sáa
comercio de José desáa
Casa de Huéspedes de José de Sáa

Cando lle pregunto que bota de menos da súa profesión, dime que ás veces o contacto cos alumnos, o  máis bonito era ensinar a ensinar, é crítica co que ve, convertese en xuíz de como se está a traballar. Fala cos seus fillos da profesión da diferenza xeracional e o esforzo que supuxo empezar.

 “Algunha vez gustaríame coller o tren nunha estación, non nun apeadeiro” isto díxollo ao reitor cando se instaurou a titulación de Licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deporte.

 Hai 25 anos que empezaron a xuntarse as compañeiras de carreira, cando comezou o Wasap  a primeira vez en Toledo, a partir de aí quedan todos os anos menos na pandemia e en decembro as que poden fan unha comida de Nadal en Madrid. En Pontevedra fíxose en 2018.

 Desde a xubilación goza da compañía do marido, viaxan, desfrutan dos seis netos.

25 anos despois 1988
Reunión en Toledo 1988 polo 25 aniversario
Reunión en Madrid 2021
Reunión en Madrid 2021

Viaxou moito co seu home no barco, África, Grecia, Turquía, Italia e case toda a costa, el ía de capitán e acompañábao toda a familia. Tamén viaxan moito co seu fillo David e a súa muller. Volvería a Grecia, que lle encantou, e  a Florencia da que veu fascinada.

Encántalle ler e gustáballe ir ao cine máis antes que agora, as redes sociais non as utiliza por preguiza  en aprender a manexalas.

 O seu recuncho favorito está onde escoite o mar, dálle igual onde estea e se hai árbores mellor. Ter o mar cerca é una sensación de relaxación inmensa.

Un soño sen cumprir ten que pensalo moito para dicir que volvería a Grecia.

Marina e Ramón
Marina con Ramón en Tenerife

Xa está preparando a súa viaxe a Tenerife en febreiro buscando sempre o sol, na súa mente inqueda non faltan proxectos.

Operárona hai pouco da cadeira poñéndolle unha prótese e tamén hai uns anos dos meniscos, algo inflúe a práctica deportiva.

Rematamos recordando como sendo muller foi pioneira no deporte en Pontevedra, polas súas mans pasaron moitos alumnos que hoxe son mestres e profesores que non tiveron que loitar tanto polos dereitos para que a Educación física fora considerada unha materia de pleno dereito como as Matemáticas.

 Grazas Marina por compartir con nós un anaquiño da túa frutífera vida.

Gala do deporte
Na carreira da muller, homenaaxe ás pioneiras do deporte feminino
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de E.F.

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Rafa Loureiro

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥