Coñecín a Marina a través de Pepe Cerdeira. Souben que fora amiga de miña nai, xente de Xeve. Ela empezou a colaborar con nós con algún poema
Marina naceu no lugar das Raposeiras, en Santa María de Xeve, en Pontevedra, o 27 de marzo de 1934. Seus pais, Eduardo Filgueira Ogando e Concepción García Sobral tiveron catro fillos, dous rapaces e dúas raparigas. Os nenos faleceron sendo nenos, e quedaron Cándida e Marina. Cándida era 12 anos maior. O pai despois de viaxar por Inglaterra, Bos aires e norte América veu enfermo de tuberculose e morreu cando Marina tiña 2 anos.
Botouno de menos toda a vida. Criouse coa súa nai, que tiña unha parálises de medio corpo, coa irmá e cos . A súa irmá casou con 19 anos, Marina tiña sete. A vida complicóuselles moito a ela e mais a súa nai.
Botouno de menos toda a vida. Criouse coa súa nai, que tiña unha parálises de medio corpo, coa irmá e cos . A súa irmá casou con 19 anos, Marina tiña sete. A vida complicóuselles moito a ela e mais a súa nai.
Foi á escola primaria ata os 11 anos, mentres axudaba tamén nos labores do campo. Gustáballe moitísimo ir a escola e adquirir os coñecementos que a única profesora, Dª Elvira, moi estirada ela, ensinaba con esmero e autoridade. Era esta Dona Elvira de ideoloxía franquista e facía ás nenas erguer o brazo e berrar “arriba España” e “viva Franco”. A escola estaba pretiño da casa. Facíalles estudar o catecismo e memorizalo, Gustáballe un libro que había na escola, titulábase La Buena Juanita Unha especie de lenda moi bonita. Cre que as letras eran o que máis lle gustaba.
A súa nenez e adolescencia non foron fáciles. A dura situación económica xerada durante a posguerra fixo necesario que, moi a pesar da familia e con gran tristeza pola súa parte, con 11 anos deixase a escola e fose aprender a coser con Aurora, unha veciña, e púxose a traballar para poder calzarse e vestirse. Aos 12 años xa traballaba como costureira e gañaba a vida e así continuou ata que casou. Lembra que cosía para Pampín.
“Con 11 anos deixou a escola, e púxose a traballar para poder calzarse e vestirse“
Coñeceu ao seu marido, Pepe, o 27 de maio de 1953, nunha festa na parroquia de Lérez, e pode dicirse que foi amor a primeira vista. Desde entón foron inseparables e casaron 3 anos despois. El tiña un taller de bicicletas na porta do Sol en Lérez, que foi onde se foron a vivir unha vez casados.
Co matrimonio viñeron os fillos: catro nenos e unha nena, os seus cinco tesouros, e a dedicación foi xa exclusiva para a familia.
Viaxou a Turquía con Pepe e tamén a Mallorca, sempre sen os rapaces que quedaban a cargo dun familiar.
Cando xa os seus fillos foron independentes, sentiu a necesidade de continuar con aqueles estudos que tivera que abandonar sendo nena, e fixo diversos cursos para mellorar a ortografía e, máis adiante, tamén cursos de informática, ata que xa con 72 anos foi a Escola de Maiores da Universidade de Vigo, onde estudiou 3 anos e recibiu unha formación integral ademais de coñecer xente marabillosa da que pode presumir e da que conserva a súa amizade.
Séntese orgullosa de que os seus fillos puideran desfrutar da liberdade que ela non tivo e de que puideron elixir estudar, formarse e vivir de forma máis libre, acorde con outro tempo político. Di o mesmo dos seus netos dos que desfruta dunha maneira diferente á dos seus fillos, porque no cabe dúbida de que exercer de avoa é moito máis livián que o papel de nai.
Cando enviuvou tiña 69 anos. Sentiu un grande baleiro ao faltar o marido. Estivo bastante tempo facendo unha vida moi caseira e introvertida. Pero pronto os seus fillos déronlle o empurrón que precisaba e comezou a viaxar, e aí comezou unha nova etapa na súa vida. Coñeceu outros países, outras culturas, e tivo vivencias inesquecibles que a enriqueceron moito. Tenas gardadas na memoria, de modo que, agora que xa o corpo non está para viaxes, a súa mente segue viaxando coa lembranza daqueles lugares marabillosos e, se ten que resaltar algunha viaxe, diría que a que fixo a Viena, onde a miúdo segue indo co pensamento, paseando polos xardíns e o Palacio de Sisi, a Emperatriz ou escoitando a Plácido Domingo nunha boa ópera.
Empezou a escribir nuns cadernos que destruíu pensando que a ninguén lle ían interesar. Eran exercicios para non esquecer o que sabía.
Agora, ademais de viaxar coa mente, tamén adoita facelo vendo unha película, escoitando a radio ou lendo un libro. Salientaría Cien años de Soledad, de García Márquez.
Presume do seu blog: “Mi pasión, la Poesía” , onde publica algunha poesía, pero, sobre todo, onde recibe un inmenso calor de todas as persoas que o visitan e comparten as súas emocións con ela.
Ese blog teno dende o 2007 por indicación dun profesor da escola de maiores que lle ensinou a facelo.
Leva unha vida tranquila e sa, coidando moito a alimentación, camiñando e facendo algún exercicio físico na casa. Gústalle cando fai bo tempo, quedar con algunha amiga para dar un paseo e tomar cafecito en calquera terraza de Pontevedra.
Ao alcalde lle daría as grazas por arranxar a rúa da Torre en Lérez, só falta que lles poña contedores para reciclar vidro, plástico e papel.
Leme a súa última poesía e propóñolle que a recite. Eu gravo e logo escoitamos en silencio. As imaxes, a voz e a forza das súas palabras xa me dan a próxima publicación da súa escrita
Grazas, Marina, por relatarme un pouquiño da vida da aldea, da xabalina que tanto medo lle tiñas, da escola, de teu pai, da costura e, sobre todo, das ganas que tes de seguir aprendendo.

Ana Santos Solla
Profesora de E.F.
Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.
Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.
máis artigos
Microidadismos I por Pilar Freitas Juvino
by Pilar Freitas | Maio 31, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 25 ao 31 de Maio por Ana Santos
by Ana | Maio 24, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 18 ao 24 de maio 2026 por Ana Santos
by Ana | Maio 17, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 11 ao 17 de maio por Ana Santos
by Ana | Maio 10, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 4 ao 10 de Maio por Ana Santos
by Ana | Maio 3, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 27 de Abril ao 3 de Maio por Ana Santos
by Ana | Abril 26, 2026 | Actividades | 0 Comments
Lola Fontán Fernández-a Xenxa- por Ana Santos
by Ana | Decembro 16, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Piruca Baena Solla por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 21, 2025 | Historias de vida | 2 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 2 Comments
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Rock e Arte Conceptual de Nova York por Javier Domínguez
by Colaborador | Xuño 14, 2026 | Articulos | 0 Comments
Carautas por Charo Valcárcel e Iria Morgade
by Colaborador | Xuño 14, 2026 | Literarias | 0 Comments
Un bo lugar para a poesía por Alfonso Cuadros e Elisabeth Oliveira
by Colaborador | Xuño 7, 2026 | Literarias | 0 Comments
Día a día de Vicente Méndez González
by Colaborador | Xuño 7, 2026 | Fotográficas | 0 Comments