Marrocos pola costa. De Tánxer ao Sáhara Occidental
Sara Valenzuela VizEsta viaxe tiñámola planeada dende había tempo, e tres días antes de partir de Pontevedra para Cádiz produciuse un terremoto neste país, na zona de Marraquesh e arredores. Pensamos moito, non sabiamos se eramos moi atrevidos, se se podía facer con coidado e, por suposto, sen molestar nos traballos de rescate que se estaban levando a cabo coa axuda humanitaria de varios países. Finalmente, decidimos modificar o percorrido, evitando a zona máis afectada polo sismo e seguir co previsto valorando sobre a marcha si merecía ou non a pena seguir.
O terremoto de Marrakech-Safi de 2023 acadou a magnitude 6,8 que afectou a esa rexión de Marrocos ás 23:11 hora local (22:11 UTC) do venres 8 de setembro de 2023. Nos saimos catro días despois, o día 12.
A maioría dos falecidos foron en vilas montañosas, cuxas antigas e precarias casas de adobe foron destruídas polo terremoto.
Marrocos, situado na falla entre as placas tectónicas africana e euroasiática, vén sufrindo grandes terremotos, como o de 1960 en Agadir e o de 2004 en Alhucemas. Porén, os marroquís non só habitan en vivendas inseguras construídas con ladrillos de barro, senón que non tomaron medidas preventivas para responder aos desastres.
Os terremotos que afectan a Marrocos adoitan producirse en dúas zonas principais. A primeira está situado fronte á costa norte , ao longo da zona de transformación Azores-Xibraltar e a súa continuación cara ao leste no mar de Alborán. A segunda está en terra, ao longo das montañas do Rif, no norte de Marrocos, e do Atlas, no noroeste de Alxeria. Pola contra, os terremotos ao longo do cinto do Atlas, como o que ocorreu o 8 de setembro, son moito menos frecuentes.




Sara Valenzuela Viz
Profesora de Historia
Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira.
Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.
Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.
Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.
Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.
Neste proxecto vou poñer o meu graniño de area, e espero que sexa do voso agrado
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥