O QUE NOS CONTA TINSO: “MIÑA RULIÑA”
Miña rula, ruliña, rula…, nestes termos expresámonos os homes… NAMORADOS. En Galicia coñecemos a existencia desta pomba migratoria, bela ave fuxidía e misteriosa, talvez porque tamén a aprecian os cazadores.
O certo é que o seu comportamento dista moito das súas irmás as pombas comúns, que invaden as nosas prazas e as mesas das terrazas dos bares onde nos imos relaxar das nosas tarefas cotiás. Esta presenza prodúcese con total impunidade e aleivosía, a presenza da cal se fai tan notoria que forma parte da nosa paisaxe urbana.
Pero a vida está chea de matices, de presenzas, segredos e ausencias que poden pasar desapercibidos por non nos resultar tan visibles…, xa o dicía Saint-Exupéry no Principiño, que “o esencial é invisible aos ollos”.
E certos artistas, entre os que me inclúo, eses seres tan perceptivos e doadamente impresionables, ateigados de fantasía, e que ven a realidade a través do prisma da súa peculiar sensibilidade, van fixar o seu pincel, a súa pluma, o seu instrumento musical, etc., no que chega directamente ao seu hipotálamo. O seu quefacer artístico céntrase e afonda no que a realidade ofrece á súa atenta e personalizada imaxe visual.

A pomba torcaza está presente nas nosas vidas cunha discreción tan medrosa que logra pasar desapercibida. Así, vémola sucar os aires co seu forte bater de ás, ou empolicada ás últimas ramas das árbores máis altas, lucindo as súas belas tonalidades na súa característica e vistosa plumaxe… aos que estamos atentos á súa presenza.
Os primeiros bosquexos van xurdindo a través desa maraña de pensamentos e reflexións… para concretarse en múltiples pinceladas, oprimidas (presas) nunha composición volumétricogeométrica, que determina a forma material persoal na que se transforma a realidade observada.
Creo que o verdadeiro valor dos creadores consiste precisamente nesa valentía de facer visible o seu mundo interior, para que todos nos coñezamos un pouquiño máis e MELLOR…, xa o dicía Joseph Conrad…” ninguén coñece as súas propias e astutas manobras para fuxir da torva sombra que se esconde detrás do feito de coñecerse a si mesmo”…

Agustín Pousseu Loira
Arquitecto
Agustín Pousseu Loira. Nace en Río Grande do Sul, Brasil en 1958. Fillo de emigrantes galegos. Arquitecto pola E.T.S.A de A Coruña.
Dende moi novo mostra paixón pola pintura e compaxina esa arte coa profesión de arquitecto.
Recibiu o 1º premio do concurso nacional Ferrogrés-Arquitectura 1995 pola obra do Pavillón Polideportivo de Bueu. Accésit Premio 25 anos, convocado polo colexio Oficial de Arquitectos na súa delegación de Pontevedra.
Na pintura e na escultura ten unha longa traxectoria en exposicións individuais e colectivas.
Tamén ten obra literaria inédita “En procura da verdade”, “Cousas de mente preñada”, “Kroatopía e o poemario “Poesía de corto metraje”.
Ten publicado un relato ilustrado coa súa propia obra: “El bosque de Acivro”.
O seu traballo plástico é amplio e abrangue obras de linóleo, plumas a tinta chinesa, pinturas ao óleo e acrílicas, etc. Na escultura ten traballos esculpidos en madeira, en terracota e esculturas de bronce.
Na actualidade está a levar a sua obra plástica á xoería en prata, ouro e resina.
máis artigos
Actividades culturais do 10 ao 16 de febreiro 2025 por Ana Santos
by Ana | Febreiro 9, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 3 ao 9 de Febreiro 2025 por Ana Santos
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 27 de xaneiro ao 2 de febreiro
by Ana | Xaneiro 26, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 20 ao 26 de Xaneiro por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 19, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 13 ao 19 de xaneiro 2025 por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 12, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 16 ao 22 de Decembro por Ana Santos
by Ana | Decembro 15, 2024 | Actividades | 0 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 1 Comment
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Anxo da Ferreira por Ana Santos Solla
by Ana | Xuño 23, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Marigel Pérez García por Ana Santos Solla
by Ana | Maio 5, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Servizo de mesa en tempos de guerra por Isidro Cortizo del Río
by Isidro | Febreiro 9, 2025 | Artísticas | 0 Comments
Chucho das Rabadeiras por Manolo Gulías Márquez
by Colaborador | Febreiro 2, 2025 | Literarias | 0 Comments
Sempre en Galiza de Castelao…. por Pilar Freitas Juvino
by Pilar Freitas | Xaneiro 26, 2025 | Etnografía | 0 Comments