A emigración converteuse nunha arma política, se é que algunha vez deixou de selo.
A xente pode emigrar por aventura ou por necesidade, sendo isto último o máis habitual. Tamén podemos pensar que é un fenómeno do pasado ou que veu a menos co tempo. Nada máis lonxe da realidade. Tanto as guerras como a inestabilidade económica dos países seguen determinando este fenómeno na actualidade.
Como fillo de emigrantes que son, regresei do Brasil á temperá idade de 8 anos. Os meus recordos teñen que ver con contemplar por primeira vez un extenso e turbulento mar no porto de Santos, sendo dolorosamente consciente do que deixaba atrás para sempre. Tamén hai despedida no REGRESO.
Vénme agora á memoria a icónica foto de Manuel Ferrol titulada “O home e o neno”, realizada en 1957 no muelle Méndez Núñez de A Coruña, de actualidade polo falecemento de “Chanquete”, o pequeno do retrato.
Mais a estas letras as motiva o aspecto circunstancial do fenómeno migratorio, consistente en ter unha visión cosmopolita do mundo, unha América cunha fauna e unha flora espectacular, cunha gastronomía singular e sobre todo, unha forma peculiar de entender a vida moi distinta da europea, e isto é enriquecedor para quen o experimenta.
Dicía María de la Pau Janer que “buscar o esquecemento significa borrar a pegada da vida pasada”. Emigrar significa navegar entre dúas augas de por vida, pois os recordos dun e outro lado marcan a túa existencia para sempre.
A ferramenta que utilizo para lidiar coas remembranzas é o exercicio da Arte, ben na súa vertente literaria ou na da pintura.
“Monte Umbe” foi o barco vasco que nos trouxo de volta a España. Imaxes de peixes voadores e unha proa descomunal que se afundía nun océano embravecido son recordos moi vivos da travesía, así como o sabor da auga salgada da súa piscina de cuberta.
A emigración é todo isto…e moito MÁIS.

Agustín Pousseu Loira
Arquitecto
Agustín Pousseu Loira. Nace en Río Grande do Sul, Brasil en 1958. Fillo de emigrantes galegos. Arquitecto pola E.T.S.A de A Coruña.
Dende moi novo mostra paixón pola pintura e compaxina esa arte coa profesión de arquitecto.
Recibiu o 1º premio do concurso nacional Ferrogrés-Arquitectura 1995 pola obra do Pavillón Polideportivo de Bueu. Accésit Premio 25 anos, convocado polo colexio Oficial de Arquitectos na súa delegación de Pontevedra.
Na pintura e na escultura ten unha longa traxectoria en exposicións individuais e colectivas.
Tamén ten obra literaria inédita “En procura da verdade”, “Cousas de mente preñada”, “Kroatopía e o poemario “Poesía de corto metraje”.
Ten publicado un relato ilustrado coa súa propia obra: “El bosque de Acivro”.
O seu traballo plástico é amplio e abrangue obras de linóleo, plumas a tinta chinesa, pinturas ao óleo e acrílicas, etc. Na escultura ten traballos esculpidos en madeira, en terracota e esculturas de bronce.
Na actualidade está a levar a sua obra plástica á xoería en prata, ouro e resina.
máis artigos
Actividades culturais do 5 ao 11 de outubro por Ana Santos
by Ana | Outubro 4, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 28 de setembro ao 4 de outubro
by Ana | Setembro 27, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 21 ao 27 de setembro por Ana Santos
by Ana | Setembro 20, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 14 ao 20 de setembro por Ana Santos
by Ana | Setembro 13, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 7 ao 13 de setembro por Ana Santos
by Ana | Setembro 6, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 25 ao 31 de Maio por Ana Santos
by Ana | Maio 24, 2026 | Actividades | 0 Comments
Pedro Ayuso Sierra por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 4, 2026 | Historias de vida | 0 Comments
Marisa Sánchez Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 20, 2026 | Historias de vida | 0 Comments
Rosa María López Lorenzo por Ana Santos
by Ana | Setembro 6, 2026 | Historias de vida | 0 Comments
Lola Fontán Fernández-a Xenxa- por Ana Santos
by Ana | Decembro 16, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Piruca Baena Solla por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 21, 2025 | Historias de vida | 2 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Máis nervioso ca un crocodilo en augas do Peloponeso por Jose Solla
by Colaborador | Setembro 27, 2026 | Fotográficas | 0 Comments
La mañana de Marina Filgueira García
by Colaborador | Setembro 27, 2026 | Articulos | 0 Comments
Os nosos gaiteiros II por Marcos Seixo Pastor
by Marcos Seixo | Setembro 27, 2026 | Etnografía | 0 Comments
Viaxe a Mallorca, parte 2 por Xosé Manuel Gulías
by Colaborador | Setembro 20, 2026 | Escapadas | 0 Comments