por Amancio Castro
Mycena seynii Quél. O micelio deste cogomelo soe colonizar as piñas de distintas especies de Piñeiros, sobre todo cando caen a terra. Popularmente coñécese como “Mycena das piñas”, sen interese culinario. Aparece no outono.
Datos da cámara: Canon EOS 20 D, F/13. 0,5s. Obxect, 60mm macro, flash da cámara automático, trípode.

Amancio Castro García
Fotógrafo
Nacín na zona vella de Pontevedra, nunha familia onde se potenciaban os valores referentes ao respecto polo mundo natural e ás artes por diante dos temas materiais.
Tremendamente curioso dende neno pola natureza estudei para mestre especializándome en ciencias naturais.
Dende 1980 fun percorrendo toda Galicia e zonas limítrofes coa Sociedade Galega de Xeografía fotografando a natureza para ter material de apoio para o estudo dos ecosistemas e formacións xeo-morfolóxicas, materiais que utilizaba para as miñas clases e que figuran en libros de texto e guías didácticas que fun publicando con varios autores.
A partir de 1990 funme especializando na fotografía científica, macro de plantas e fungos de menos de 2mm que saen publicadas nos artigos científicos do micólogo Jaime Blanco Dios co que sigo a colaborar na actualidade.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥