Seleccionar página

por Amancio Castro – Xaneiro de 2006

Foto feita en xaneiro de 2006, nas inmediacións do Mosteiro de Sta. Mª de Aciveiro (Forcarei).

Trátase do Acivro (nome popular galego), Acebo (en castelán).

O nome científico é: Ilex aquifolium L.  e neste caso a forma de xardinería ‘variegata aurea’ identificada pola color dourada do bordo das follas.

O acivro é unha arboreiña que  pode ser  femia con flores só femininas ou macho con flores so masculinas. A da foto trátase dun acivro femia, porque ten os froitos (pequenas bólas vermellas) xa  que os machos só dan flores iso si, con pole.

Esta planta na actualidade está súper protexida no medio natural pois foi tal a presión que sufriu como adorno no Nadal que estivo a punto de desaparecer. As que se comercializan son de viveiros.

máis artigos

Do 17 ao 23 de maio 2021

Do 10 ao 16 de maio 2021

Do 3 ao 9 de maio 2021

Do 26 de abril ao 2 de maio

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Español