O BICO
Déixame degustar o bico
cos meus beizos lambeteiros
e deter o tempo no arrolo dos corpos
e os brincos da alma.
Déixame zugarche o alento
cos meus doces aloumiños
e ficar sen folgos mentres bole o sangue
que as veas abrasa.
Déixame dicir que mente
a imaxe da auga.
Charo Valcárcel


Manuel Hermida Rivas
Fotógrafo
Manuel naceu en Verducido no ano 1953, encántalle a fotografía e sempre vai acompañado pola sua cámara.

Charo Valcárcel Mato
Profesora de Filoloxía Galega
Eu son Charo Valcárcel. Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…
Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.
Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥