Pilar Braga Crespo

O CAÍÑO

De onde vés meu gaiteiriño?

A onde vas polo veran-e?

Todos sachando no millo (BIS)

 e ti coa gaita na man-e (BIS)

 De onde vés meu gaiteiriño?

A onde vas polo veran-e?

Retrouso

 Miña neniña, cantaruxeira

 heiche cantare anque túa nai non queira.

Ou ben na fonte, ou ben no prado,

 ou ben no cuarto que tes alá no sobrado

 Veño dunha romaría,

 dunha romaría noutra.

 Veño dunha romaría (BIS)

 e mañá vou para outra (BIS)

 Veño dunha romaría,

dunha romaría noutra.

RETROUSO

 Neste lugarciño novo,

amores hei de tomar-e.

 Ou na cima ou no fondo (BIS)

ou no medio do lugar-e (BIS)

Neste lugarciño novo,

 amores hei de tomar-e.

RETROUSO (BIS)

Pilar Braga Crespo

Pilar Braga Crespo

Mestra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥