Seleccionar página

por Antonio Lois

O día que non me atopes,
se te cansas de buscar,
búscame na miña aldea
búscame no meu lugar.
Só alí me has de atopar.
Atoparasme no vento,
no vento e no seu zoar;
na choiva do seu inverno,
que repica no tellado
e semella non parar.
Atoparasme nas sombras,
nas sombras das suas xestas,
esas noites de luar,
en que semellan fantasmas
que te veñen a espantar.

Atoparasme no orballo,
seu orballo da mañá,
o que che acaricia a cara
e semella non mollar,;
no soar das suas campás,
as campás do campanario
da igrexa da miña aldea,
da igrexa do meu lugar.
O día que non me atopes,
se me queres atopar,
búscame nos meus recordos,
fantasmas do meu lugar;
neses fantasmas que falan
sen unha palabra dar.
¡Fantasmas da miña aldea,
fantasmas do meu lugar;
fantasmas dos meus poemas
que non puiden recitar!

Antonio Lois Pérez

Antonio Lois Pérez

Colaborador

Nacín un día 4 do  mes de xaneiro, ano 1948, no lugar do Castro de Mourelos, parroquia de Mourelos (Saviñao – Lugo).

Son economista e técnico en tintes, estampación e acabados téxtiles.

Actualmente vivo en Barcelona.

Gústame escribir poesía en galego do pobo, o galego dos meus pais, que é o galego que amo; non en galego ilustrado!

Participei en tres libros de poesía (Poetas do Reencontro, Caminhos da Poesía e Raia Luso Española), así coma na revista Xistral do Concello de Lugo.  

máis artigos

Do 17 ao 23 de maio 2021

Do 10 ao 16 de maio 2021

Do 3 ao 9 de maio 2021

Do 26 de abril ao 2 de maio

Do 19 ao 25 de abril 2021

Do 12 ao 18 de abril 2021

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Español