O QUE NOS CONTA MONTSE:
“O gato dos peixes vermellos”. Óleo sobre lenzo 40×30’5cm.
É a reprodución do orixinal de Henri Matisse datado en 1910.
Como creador do “Fauvismo” destaca polo uso que fai das cores para expresar os seus sentimentos. As súas figuras planas están pechadas por liñas que as perfilan.
Así vemos deste xeito un interior con ventá aberta á natureza, é este un motivo moi do seu gusto; un gato tentando coller uns peixes, el adoraba os animais e en especial os gatos; unha mesa vista desde arriba, que aparece tamén no lenzo “Interior vermello: natureza morta sobre mesa azul”; un fondo zigzagueante que nos lembra o movemento que se está a producir.
A harmonía entre as figuras animais, os obxectos, o espazo interior e exterior é clara.


Notas biográficas da autora:
Montse naceu na Estrada en 1960. Estudou no Instituto Manuel García Barros desta cidade o bacharelato e Filoloxía Hispánica en Compostela, exercendo como profesora de Lingua galega e literatura durante 25 anos.
Desde 1988 vive na Coruña a onde chegou tras obter destino definitivo en Carballo, aínda que pouco despois conseguiu o traslado para o IES Ramón Menéndez Pidal da cidade, alí desenvolveu a docencia ata a súa xubilación no 2007.
Ao xubilarse puido dedicarse de forma máis plena a unha das súas paixóns: pintar. Na súa produción artística conta con cadros orixinais seus e outros, coma este que nos presenta hoxe, que son interpretacións de autores aos que admira.
máis artigos
Revista de Xuño 2022 por José Antonio Pérez
by Xose Antonio Pérez Graña | Xullo 13, 2022 | Actividades | 0 Comments
Revista do mes de Maio 2022 por José Antonio Pérez
by Xose Antonio Pérez Graña | Xuño 5, 2022 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 30 de Maio ao 5 de xuño 2022
by Ana | Maio 29, 2022 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 23 ao 29 de Maio 2022 por Ana Santos
by Ana | Maio 21, 2022 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 16 ao 22 de Maio 2022 por Ana Santos
by Ana | Maio 15, 2022 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 9 ao 15 de Maio 2022 por Ana Santos
by Ana | Maio 8, 2022 | Actividades | 0 Comments
José Fernando Filgueira Iglesias por Ana Santos
by Ana | Xuño 19, 2022 | Historias de vida | 1 Comment
Encadernación Viñas por Peque González Nóvoa
by Peque | Maio 21, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
José Rivas Fontán por José Cerdeira Soto
by Jose Cerdeira | Maio 8, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Luisa Vázquez Calvo por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 17, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Nito Santiago Moreira por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 3, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Manuel Morgade Ríos por Charo Valcárcel Mato
by Charo | Marzo 13, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Mousse de chocolate por Ana Paula Brito
by Colaborador | Xuño 20, 2022 | Recetas | 0 Comments
José Fernando Filgueira Iglesias por Ana Santos
by Ana | Xuño 19, 2022 | Historias de vida | 1 Comment