Contaban miña ñai e miña tía que a principios dos anos 40 do pasado século, na escola na que andaban, a de dona Finucha, situada na Praza do Teucro de Pontevedra, unha alumna vestida de campesiña recitaba este romanciño cando chegaba o Nadal. Tal vez algún lector o lembre ou lembre que alguén da súa familia o contaba noutro tempo. Se é así, gostaríanos que nos axudase a completalo porque a memoria das nosas fontes xa non é a que era.
Oín unha vez
que un neno moi guapo
nacera en Belén
envolto en farrapos
e que toda a xente
ía agarimalo
porque tiña frío
e estaba tembrando.
E como ninguén
facer sabe o caldo
coma min, pensei
-xa tes un regalo
pra ese neno, Marica,
unha cunca de caldo-
Fun ao galiñeiro
e collín un galo,
mateino, esplumeino
e, despois de limpalo,
metino na ola
partido en anacos,
con sal e con auga,
patacas e nabos,
cacheira e chourizos,
un pouco de rabo
e dous pés de porco
que tiña gardados.
Da fariña de óelo
botinlle un puñado
e prendín o lume
con paus de carballo
e pouquiño a pouco
fervía o meu caldo,
pof, pof pof, pof, pof,
un cheiro botando
que para os que temos
un pouco de frato
era aquel resolio
para aquí un bo reparo.
Para un pucheiriño
que tiña apartado
botei un pouquiño
da proba do caldo
para así ben quente
ao neno levalo.
Vireime de costas
e o demo do gato
subiuse á lareira
e enredou co rabo,
tropezou na trepia
cos paus de carballo
e rompéndome a ola
tiroume co caldo.
Malas papas te leven!
gato enrevesado.
Meu caldo, caldiño,
polo chan abaixo.
E que fago agora?
E agora que fago?
Xa sei, xa sei eu:
A ese demo de gato
torcerlle o pescozo,
matalo, esfolalo
e co seu pelexo
facer un cadrado,
levalo ao pesebre
e deixalo alfombrado
que aínda que sexa
ben pobre o regalo
a ese santo neno
eu hei de quentalo.
Perdón, meu neniño,
se foi un pecado
matar e esfolar
a un demo dun gato
pero son tan feros,
tan malos, tan malos,
máis malos que o demo,
máis malos que o trasno.
Quixemos recitar este conto tan vello para lembrar que si alguén recorda escoitalo na súa familia que nos poida axudar a rematalo e completalo.
Recitado por:
Manuel Lastra
Charo Valcárcel

Manuel Lastra Galiano
Profesor de galego
Son Manuel Lastra Galiano. Nacín hai case sesenta e un anos en Salcedo, ao lado de Pontevedra.
Sempre me gustou a literatura polo que decidín estudar Filoloxía e facerme profesor. O curso pasado puxen fin á miña etapa de docente despois de exercer durante trinta e sete anos, trinta deles no IES Valle Inclán desta cidade.
Penso que a xubilación non debe implicar o cese da vida activa. Ao contrario, agora podo dedicarme á realización de moitas actividades lúdicas e culturais que tiña aprazadas pola falta de tempo.
A publicación deste blog responde a esta ansia de manterme activo. Xunto cos meus compañeiros, espero que as propostas que vos fagamos sexan do voso agrado.
máis artigos
Actividades culturais do 13 ao 19 de Abril por Ana Santos
by Ana | Abril 12, 2026 | Actividades | 2 Comments
Actividades culturais do 6 ao 12 de abril por Ana Santos
by Ana | Abril 5, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades Culturais do 23 ao 29 de Marzo 2026 por Ana Santos
by Ana | Marzo 22, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 16 ao 22 de marzo por Ana Santos
by Ana | Marzo 15, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 9 ao 15 de marzo por Ana Santos
by Ana | Marzo 8, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 2 ao 8 de Marzo por Ana Santos
by Ana | Marzo 1, 2026 | Actividades | 0 Comments
Lola Fontán Fernández-a Xenxa- por Ana Santos
by Ana | Decembro 16, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Piruca Baena Solla por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 21, 2025 | Historias de vida | 2 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 2 Comments
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Boa Vila, Boa Compra polo Concello de Pontevedra
by Ana | Abril 15, 2026 | Artísticas | 0 Comments
A suma de dous mundos de Adriana de Vargas e Joan García
by Colaborador | Abril 12, 2026 | Bienestar | 0 Comments
Un canto al arpa por Marina Filgueira
by Colaborador | Abril 12, 2026 | Articulos | 0 Comments
Infalible por Xosé Manuel Gulías Márquez
by Colaborador | Abril 5, 2026 | Literarias | 0 Comments
Desahuciaperros por José Luis Vázquez
by Colaborador | Marzo 29, 2026 | Articulos | 0 Comments
Trackbacks/Pingbacks