Se hai unha imaxe icónica representativa da emigración galega é esta. Un pai e un fillo abrazados choran desconsolados ao despedirse dos seus familiares, que emprenden unha longa viaxe cara a outro continente.
O home e o neno, realizada en 1957 no porto da Coruña, formaba parte dunha reportaxe feita por encargo da Comisión Católica da Emigración. Publicouse por primeira vez en Galicia Hoxe en 1961, sen citar o seu autor, e durante dúas décadas apareceu en diversas revistas de modo anónimo, chegando incluso a apropiarse Blanco Amor da súa autoría nalgunha publicación. Houbo que chegar aos anos oitenta para que revista Foto dera a coñecer ao seu autor: Manuel Ferrol.
Manuel Ferrol, naceu na Costa da Morte en 1923. Era o fillo maior do fareiro do Cabo Vilano. Pode que fora a súa grande vinculación co mar o que o levou á Coruña a estudar Enxeñería Naútica, pero a paixón pola fotografía fixo que abandonara os estudos para dedicarse totalmente a esta arte.

Despois duns anos de retratista de nenos en Ferrol, Betanzos e A Coruña recibe ese encargo, o de documentar o embarque de emigrantes no trasatlántico Juan de Garay na Coruña. Era de esperar que Manuel Ferrol fixera unha semblanza da emigración máis edulcorada, pero a realidade impúxose ante os seus ollos e , tal como sentía, mostrou a súa cara máis crúa a través do obxectivo. Como dixo máis tarde “eu non sei de fotografía, eu só sei o que vin, a emoción que aquela xente me producía”. A ansia por capturar tantas imaxes levouno a substituír a súa cámara Leica por unha Rolleiflex, unha cámara que non requería mirar directamente polo obxectivo e que lle permitía pasar máis desapercibido e, sobre todo, non interromper eses momentos tan íntimos e delicados da despedida.
Foi un fotógrafo que gozou en vida de moitos premios e recoñecementos, pero esta reportaxe e esta fotografía pódese dicir que marcou a súa traxectoria e foi a que o levou a mostrar a súa obra por todo o mundo, a carón de fotógrafos como Robert Capa ou Cartier Bresson entre outros.
Os protagonistas da fotografía, aos que o fotógrafo chegou a coñecer, eran Manuel Ángel Calo Marcote e Juan, un dos seus cinco fillos. Manuel abraza ao seu fillo e non pode reprimir as bágoas ao despedir aos seus pais, unha irmá e varios primos que viaxan cara a Bos Aires.

Nunha entrevista que realizou pouco antes de morrer ao periodista Santiago Romero díxolle:
“Yo viajé en algunas ocasiones a bordo del trasatlántico Juan de Garay desde Coruña a Vigo, última escala antes de la travesía a América y en cuanto el muelle se perdía de vista, todos desaparecían y se hacía un silencio sepulcral. Parecía un barco fantasma.”
Manuel Ferrol falece en 2003, á idade de 79 anos. As súas cinzas foron esparexidas polo mar a carón do faro de Cabo Vilano.
Se tivésemos que poñer unha melodía a esta obra non podería ser outra que Lonxe da terriña, tema de Juan Montes (Lugo, 1840-1899), letra de Aureliano J. Pereira (Lugo 1855- Madrid 1906), interpretado por Sara Louraço Vidal de Luar na Lubre. Acompañan á música obras de Manuel Ferrol e doutros autores dos que falaremos en diante.
ENLACES
Web de Manuel Ferrol : https://manuelferrol.com/
A reportaxe completa Emigración https://www.manuelferrol.com/emigracion.html

Selo Blanco Blanco
Profesora de dibujo
Selo Blanco Blanco. Nace en Chantada el 28 de mayo de 1961. Dos años después su familia se traslada a Vigo, donde reside hasta 1989. Arquitecto por la E.T.S.A de La Coruña. Ejerce como profesora de Dibujo en el IES Valle Inclán de Pontevedra desde el año 1996 hasta la actualidad.
máis artigos
Actividades do 11 ao 17 de Decembro 2023 por Ana Santos
by Ana | Decembro 10, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 4 ao 10 de decembro 2023
by Ana | Decembro 3, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 27 de novembro ao 3 de decembro 2023
by Ana | Novembro 26, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 20 ao 26 de Novembro 2023 por Ana Santos
by Ana | Novembro 19, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 13 ao 19 de Novembro 2023
by Ana | Novembro 12, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 6 ao 12 de Novembro 2023 por Ana Santos
by Ana | Novembro 5, 2023 | Actividades | 0 Comments
Rosabel Piñeiro Boullosa por Ana Santos Solla
by Ana | Novembro 12, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Carmela Lazcano Nóvoa por Ana Santos
by Ana | Outubro 15, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Xulio Simón Rúa por Ana Santos Solla -devellabella-
by Ana | Setembro 17, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Guillermo Campos Piñón por Ana Santos -devellabella-
by Ana | Xuño 29, 2023 | Historias de vida | 1 Comment
Marisol Mato Taboada por Ana Santos
by Ana | Xuño 11, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Chove en Santiago… por Juan Mejuto Pérez
by Colaborador | Decembro 10, 2023 | Fotográficas | 0 Comments
A proscrición do amor, da ledicia e do sorriso por Buenaventura Aparicio
by Colaborador | Decembro 10, 2023 | Articulos | 0 Comments
Te sitúo aquí por Vicente Méndez
by Colaborador | Decembro 3, 2023 | Literarias | 0 Comments
Mathurin Méheut por Ghislaine Gourlaouen
by Ghislaine | Decembro 3, 2023 | Artísticas | 0 Comments
Trackbacks/Pingbacks